ACSUG informa que se van iniciar os trámites para a elaboración e publicación das correspondentes convocatorias dos complementos retributivos autonómicos. A través desta páxina web irase actualizando toda a información correspondente a estes trámites.
Actualidade
Complementos retributivos autonómicos
Xornada sobre Seguimento de Títulos Oficiais
O 5 de decembro ACSUG, en colaboración coa Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade da USC, desenvolveu unha xornada informativa na Facultade de Bioloxía dirixida aos coordinadores das titulacións de grao e máster. O obxectivo da xornada foi comentar os aspectos clave no proceso de seguimento e dar resposta ás dúbidas en relación cos autoinformes de seguimento dos títulos. Documentación
A ACSUG asiste ao 8º European Quality Assurance Forum (EQAF) en Goteburgo (Suecia)
A ACSUG participou no 8º European Quality Assurance Forum (EQAF), que tivo lugar entre o 21 e 23 de novembro de 2013 na Universidade de Goteburgo en Suecia. O EQAF é un foro anual que permite o intercambio de experiencias sobre a educación superior por parte de todos os grupos de interese: alumnos, universidades, axencias de calidade universitaria, etc.
Programa FIDES-AUDIT. Fase de certificación da implantación dos SGC
Publícase a convocatoria para a solicitude de participación dos centros no proceso de Certificación da Implantación dos SGIC. O prazo para o envío das solicitudes comeza o día 11/11/13 e finaliza o 15/12/13.
As universidades interesadas en participar deberán facer uso do Anexo II da Guía de Certificación, indicando un máximo de catro centros.
ACSUG celebra unhas xornadas de información sobre o seguimento de títulos, a súa acreditación e a certificación dos Sistemas de Garantía de Calidad (SGC)
ACSUG presenta ás universidades do SUG o programa de renovación da acreditación dos títulos oficiais, o programa de certificación da implantación dos sistemas de garantía de calidade e o informe do seguimento das convocatorias 2011, 2012 e 2013.
As xornadas realizaranse nas tres universidades en horario de 10 – 14 horas e nas seguintes datas:
- 5 de novembro de 2013 na UDC. Aula 3-2 da Facultade de Informática.
- 7 de novembro de 2013 na USC. Aula Magna de la Facultad de Biología.
- 8 de novembro de 2013 na UVI. Salón de Graos de Ciencias Xurídicas.
Tamén se entregarán os Certificados aos centros que participaron na implantación do SGC dentro do proxecto piloto:
- UDC: Facultade de Informática e Facultade de Economía e Empresa.
- UVI: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e Facultade de Bioloxía.
Documentos:
- Guía para a certificación da implantación de Sistemas de Garantía de Calidade.
- Guía de avaliación para a renovación da acreditación de títulos oficiais de grao e máster.
- Informe sobre o proceso de seguimento de títulos oficiais de grao e máster (convocatorias 2011, 2012 e 2013).
- Nota de prensa
- Presentación director ACSUG
- Presentación técnicos ACSUG
- Tríptico
A ACSUG asiste á General Assembly de ENQA en Vilnius (Lituania)
Os días 29 e 30 de outubro de 2013, ten lugar a General Assembly da Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA) en Vilnius (Lituania). O director da ACSUG, como axencia membro de pleno dereito de ENQA, asiste a esta reunión na cal se tratan diversos temas relacionados con este organismo.
A ACSUG é membro do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA)
O Consorcio Europeo de Acreditación en Educación Superior (ECA) foi creado no ano 2003, coa finalidade fundamental de establecer un recoñecemento mutuo dos procesos de acreditación realizados polas axencias de calidade membros da organización. ECA posibilita tamén unha oportunidade de aprendizaxe mutuo e intercambio de boas prácticas en temas de educación superior.
Os representantes das axencias membros de ECA poden participar nas actividades e reunións dos grupos de traballo establecidos sobre varias temáticas: recoñecemento mutuo e programas conxuntos, acreditación institucional e auditorías, ou aprendizaxe mutuo e mellores prácticas. Os membros de ECA tamén poden participar en proxectos europeos coordinados pola asociación, así como noutros eventos, seminarios e conferencias organizados regularmente. ACSUG é membro de ECA desde xuño de 2013.
Avaliación de centros universitarios na Universidade Andina Néstor Cáceres Velasquez, Juliaca, Perú
A ACSUG e a Universidade Andina Néstor Cáceres Velásquez (UANCV) de Perú asinaron en novembro de 2012 un convenio mediante o cal a ACSUG levará a cabo actividades de avaliación e certificación nesta universidade, incidindo desta forma no aseguramento da calidade da mesma.
O proceso de avaliación componse de varias fases:
1. Proceso de autoavaliación a realizar polo centro universitario.
2. Avaliación externa, levada a cabo por un comité de avaliadores designados por ACSUG e que inclúe unha visita aos centros.
3. Elaboración por parte de ACSUG dun informe final co resultado da avaliación.
No ano 2013 estase a realizar a avaliación dos seguintes centros e as seguintes carreiras profesionais:
Facultade de Ciencias da Saúde:
- C.A.P Obstetricia
- C.A.P Enfermería
- C.A.P. Farmacia e Bioquímica
- C.A.P. Odontoloxía
Os dous comités de avaliadores externos designados pola ACSUG estiveron realizando a visita aos centros entre os días 1 e 4 de outubro de 2013 e actualmente, encóntranse na fase da elaboración do informe provisional.
Asimesmo, procedeuse á firma dos convenios específicos para avaliar e acreditar no ano 2014 as seguintes facultades e carreiras profesionais:
Facultade de Ciencias Contables:
- C.A.P Contabilidade
Facultade de Ciencias da Educación:
- C.A.P Educación (especialidade de Primaria)
Facultade de Ciencias Xurídicas e Políticas:
- C.A.P. Dereito
Facultade Enxeñaría de Sistemas:
- C.A.P. Enxeñaría de Sistemas
Facultade Enxeñaría e Ciencias Puras:
- C.A.P. Enxeñaría Civil
- C.A.P. Enxeñaría Mecánica Eléctrica
- C.A.P. Enxeñaría Electrónica e Telecomunicacións
- C.A.P. Enxeñaría Industrial
- C.A.P. Enxeñaría Mecatrónica
- C.A.P. Arquitectura e Urbanismo
- C.A.P. Enxeñaría Sanitaria e Ambiental
Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas (2012).
ANECA e as axencias de calidade autonómicas publican o Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas correspondente ao ano 2012. Ver informe.
Participación da ACSUG no X foro internacional sobre evaluación de la calidad de la investigación y la educación superior (FECIES)
- SIMPOSIO INVITADO:"FUNCIONES DE LAS AGENCIAS AUTONÓMICAS: ACREDITACIÓN DE PROFESORADO Y VERIFICACIÓN DE TíTULOS" coordinado pola Presidenta da ACSUG Mª Patrocinio Morrondo Pelayo e coa participación do Adxunto á Dirección da UNIBASQ José Manuel Valle, do profesor Marco Schaerf Universitá di Roma "La Sapienza" e do Director da ACSUG J. Eduardo López Pereira
- SESIÓN DE DEBATE: "LA EMPLEABILIDAD COMO CRITERIO DE ELECCIÓN DE CARRERA Y DE SUPRESIÓN DE TíTULOS" participación de Mª Carmen Fernández Montes, Técnico da Unidade de Programas. Responsable do Programa de Inserción Laboral dos titulados do SUG.
- COMUNICACIÓN ESCRITA: "ANÁLISIS POR RAMA DE CONICIMIENTO DE LOS RESULTADOS OBTENIDOS EN LOS ESTUDIOS DE INSERCIÓN LABORAL DE LOS TITULADOS EN EL SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA" participación de Mª Carmen Fernández Montes, Técnico da Unidade de Programas. Responsable do Programa de Inserción Laboral dos titulados do SUG.
- COMUNICACIÓN ORAL: "ACCIONES QUE MEJORAN LA CALIDAD DE LOS TíTULOS OFICIALES DE LA RAMA DE INGENIERíA Y ARQUITECTURA" participación de Mª Paula Rios de Deus, Técnico da Unidade de Programas.
Comunicación dos resultados da avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á cotratación excepcional de colaboradores 2013.
Comunícase a todos os que solicitasen a avaliación ou informe na convocatoria de 2013 que poderán recoller a súa resolución na sede de la ACUSG, do 28 de xuño ao 5 de xullo de 2013. A partir desta data procederase ao envío postal das resolucións. Recórdase que o horario de atención é de 9:00 a 14:00h.
A ACSUG participa no 4º boletín de noticias de ENQA.
A Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA), ven realizando periodicamente desde o 2012 unha publicación de boletíns de noticias que serven como plataforma para que os seus membros compartan información relevante sobre a Educación Superior en Europa. A ACSUG participou no 4º Boletín publicado recentemente cunha noticia sobre os estudos de inserción laboral levados a cabo pola axencia.
Auditoría de seguimento por parte de AENOR a ACSUG.
A empresa AENOR levou a cabo en Xaneiro de 2013 unha auditoría externa de seguimento do sistema de xestión da ACSUG, no cal están integrados as normas ISO 9001:2008, ISO 14001:2004 e o Regulamento EMAS do ano 2009. A ACSUG superou satisfactoriamente esta auditoría, na cal se aprobou o contido da declaración ambiental da ACSUG do ano 2012. Ao ser AENOR membro de IQNet, as certificacións obtidas son recoñecidas internacionalmente.
Auditoría externa protección de datos.
O día 29 de xaneiro de 2013 levouse a cabo na ACSUG unha auditoría externa por parte da consultaría LOPDAT, relativa ao cumprimento da normativa vixente en protección de datos. O resultado da mesma conclúe que a ACSUG realiza unha xestión adecuada e ten implantadas todas as medidas necesarias relativas á seguridade e protección de datos: ficheiros inscritos na Agencia Española de Protección de Datos (AEPD), protocolo de copias de seguridade, xestión de soportes e documentos, control de acceso e xestión de contrasinais, etc.
Programa FIDES-AUDIT. Fase de certificación da implantación dos SGIC.
Publícase a convocatoria para a solicitude de participación dos centros no proxecto piloto de Certificación da Implantación dos SGIC. O prazo para o envío das solicitudes comeza o día 09/04/13 e finaliza o 24/04/13.
Presentación da publicación “Estudo da inserción laboral dos titulados universitarios no sistema universitario de galicia 2008-2009”.
O mércores día 3 de abril ás 11:00 horas na sede da ACSUG terá lugar a presentación da publicación: ”ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2008-2009”. No acto intervirán o Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a presidenta e o director da ACSUG.
Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: porcentaxe de titulados traballando, vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.
Convocatoria de avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á contratación excepcional de colaboradores.
A través da resolución do 4 de febreiro de 2013 da Presidenta da ACSUG (DOG do 26 de marzo de 2013) apróbase a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
A través da resolución do 4 de febreiro de 2013 2013 da Presidenta da ACSUG (DOG do 26 de marzo de 2013) apróbase a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
• ACCESO Á APLICACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE. Poderá acceder ás dúas convocatorias a través da mesma aplicación informática; no caso de que curse una solicitude en ambas as dúas convocatorias só terá que rexistrarse unha única vez.
• Preguntas frecuentes (facilita a resolución das dúbidas máis sinxelas sobre calquera destes dous procedementos)
I Xornada de boas prácticas do programa docentia.
O día 26 de febreiro de 2013 terá lugar a I Xornada de boas prácticas do programa DOCENTIA. Para máis información e inscricións acceder a http://www.aneca.es
Publicación informe ICU 2011.
ANECA e as axencias autonómicas publican o “Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas, 2011”