Solicitude para a avaliación previa á contratación do profesorado universitario polas universidades do SUG. A través da Resolución do 15 de decembro de 2009 ( DOG do 30 de decembro de 2009 ) , apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
Solicitude para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do SUG. A través da Resolución do 15 de decembro de 2009 ( DOG do 30 de decembro de 2009 ), apróbase a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
- O prazo para a presentación de solicitudes para calquera destas convocatorias remata o día 8 de febreiro de 2010.
- ACCESO Á APLICACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE . Poderá solicitar calquera destas dúas avaliacións a través dunha mesma aplicación informática; é por iso que, só terá que rexistrarse unha única vez.
- Preguntas frecuentes (facilita a resolución das dúbidas máis sinxelas sobre calquera destes dous procedementos)