• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

Avaliación de I+D+i

Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

“Galicia afronta no próximo quinquenio un reto fundamental: Desenvolver un ecosistema de investigación e innovación suficientemente eficiente como para situar a economía galega en posición de competir nunha contorna global.

Ante este desafío, o novo Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011 - 2015 impulsado pola Xunta de Galicia, aspira a ser unha ferramenta chave para incrementar de xeito decisivo a competitividade de Galicia e o benestar de todos os galegos.

Para acadar este obxectivo, é fundamental impulsar unha investigación de calidade posta en valor e unha innovación comprometida coa competitividade. So así se poderán xerar proxectos de alto nivel, vertebrar mellor o tecido das PEMEs e optimizar o rendemento da economía galega. Pero xunto co impulso político do goberno, é imprescindible que empresas, universidades, centros tecnolóxicos e demais axentes do Sistema Galego de I+D+i se sumen ao cambio cultural necesario para unir investigación e innovación con espírito empresarial e xirar así cara a un modelo de desenvolvemento máis intensivo en coñecemento.

Só coa implicación de todos seremos capaces de afrontar o reto do progreso e da prosperidade, impulsando o crecemento da sociedade e da economía galegas.”

A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación.