• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

Axudas para a consolidación de unidades de investigación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aproban as bases para o acceso, en réxime de concorrencia competitiva, ás axudas do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación nas modalidades de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes y proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.

Grupos de referencia competitiva: Están caracterizados por bos índices de publicacións académicas; un nivel de captación de recursos elevado, aínda que variable segundo a área en que traballen; competitivos a nivel estatal e en moitos casos internacional; con capacidade para formar e atraer mozos investigadores e habituados á cooperación con outros grupos de investigación, con institucións o con empresas. Son axudas para a consolidación de grupos de investigación do SUG que pola súa produción científica e actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema Galego de Innovación.

Grupos con potencial crecemento: Son aqueles grupos que sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatado con criterios estritos, e están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Redes: Integración dos grupos de investigación en estructuras de tipo rede que favorezan o acceso ao coñecemento interdisciplinar, ás fontes de financiamento e a unha reputación que difícilmente poderían acadar de individualmente.

Investigadores con traxectoria excelente: Investigadores e investigadoras que, contando cunha traxectoria excelente, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nacionais e internacionais.

A selección das propostas destinatarias das axudas realízase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores expertos de fóra do Sistema Galego de I+D+i e pola comisión de selección.

O proceso de avaliación realízase na Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

A competencia para decidir a adxudicación das axudas correspóndelle ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou da Consellería de Economía, Emprego e Industria respectivamente.

Prórroga: As axudas serán de aplicación por un período de dúas anualidades prorrogables a outras dúas.

Avaliación final: Poderá someterse a todos os beneficiarios das axudas a unha avaliación final no prazo de 6 meses contados dende a data límite de xustificación da última anualidade.

Panel de Avaliadores externos 2017 (adxudicación: C. Educación e C. Industria)

Panel de Avaliadores externos 2018 (adxudicación - C. Industria)

Panel de Avaliadores externos 2018 (avaliación intermedia/pórroga: C. Educación e C. Industria)

Panel de Avaliadores externos 2018 (avaliación final: C. Educación)

Panel de Avaliadores externos 2019

Panel de Avaliadores externos 2020 (avaliación inicial)

Panel de Avaliadores externos 2020 (avaliación final)

Panel de Avaliadores externos 2021 (avaliación inicial)

Panel de Avaliadores externos 2021 (avaliación intermedia)

Panel de Avaliadores externos 2021 (avaliación final)

Panel de Avaliadores externos 2022 (avaliación inicial)

Panel de Avaliadores externos 2022 (avaliación intermedia)

Panel de Avaliadores externos 2022 (avaliación final)