Convocatoria ordinaria 2023 para os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador

Hoxe 12 de marzo do 2024, publícase no DOG, a Resolución de 4 de marzo do 2024 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2023 (código de procedemento administrativo ED701B).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 13 de marzo ata o día 11 de abril inclusive.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará ABERTA desde o 13 de marzo

ATENCIÓN!

De acordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telematicamente a solicitude (anexo I ) común para ambos complementos e as memorias de autoavaliación (anexo II.A e anexo II.B) nos modelos dispoñibles na aplicación informática do consorcio ACSUG. Conforme ao disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701B

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.