• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Progresión de profesorado colaborador: solicitudes

Modo de presentación e prazo

O prazo de presentación de solicitudes de avaliación ou informe para a progresión e consolidación dos profesores colaboradores é aberto. Poderán presentala en calquera momento todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos na normativa de aplicación.

As solicitudes cubriranse en formato dixital, ao que se poderá acceder a través deste enlace.

Unha vez cuberto o formato dixital, imprimirase e presentarase do xeito indicado no protocolo de informe e avaliación previos á consolidación do profesorado colaborador aprobado polo acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), de 2 de novembro de 2010.

Para os interesados que o desexen, a ACSUG pon a súa disposición o seguinte modelo de CV.

Para os interesados que o desexen, a ACSUG pon a súa disposición o seguinte modelo de declaración .

Xustificación dos méritos curriculares

  • A docencia universitaria regrada (POD) alegada no CV será xustificada mediante o correspondente certificado da Secretaría Xeral da universidade ou da autoridade académica que teña atribuída esa competencia de acordo coa normativa da universidade.
  • Os cursos e másteres recibidos xustificaranse co correspondente certificado no que conste o número de horas dos mesmos.
  • Os proxectos de innovación e os proxectos de investigación competitivos deberán xustificarse coa documentación na que conste a súa concesión por parte do organismo pagador, así como as características e o posto ocupado como membro do proxecto e o seu carácter internacional, estatal, autonómico, interuniversitario ou interdepartamental.
  • A utilización das TICs e a elaboración de recursos web para a docencia, xustificaranse indicando a URL na que se atopen os recursos, ou por certificado do xestor da plataforma na que conste a utilización do recurso e o responsable do mesmo. No caso de que a URL sexa de acceso restrinxido, xustificarase mediante unha copia impresa da páxina de inicio no que conste o responsable do desenvolvemento da mesma.
  • Para acreditar libros, artigos e demais publicacións será suficiente con entregar unha copia simple da primeira e última folla, índice e folla onde figure o ISBN, ISSN, Depósito Legal, etc. No caso de traballos aceptados e pendentes de publicación xustificarase cun certificado da editorial ou organismo responsable da publicación. - A lectura de teses de doutoramento xustificarase: co título de doutoramento, co certificado da comisión responsable da xestión do terceiro ciclo e postgrao en cada universidade, ou co xustificante de ter efectuado o depósito do título de doutoramento.
  • O desempeño de cargos de xestión unipersoais xustificarase co certificado do Secretario Xeral da universidade correspondente, no que conste o cargo e as datas de inicio e finalización.
  • A actividade profesional desenvolvida deberase xustificar prioritariamente coa presentación da copia dos correspondentes contratos de traballo e o certificado de vida laboral da Seguridade Social.

De acordo co disposto no artigo 35.f da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de que xa se solicitase a avaliación ou informe con anterioridade, non será necesario a presentación da documentación que xa se atope en poder da ACSUG. Neste caso indicarase esta circunstancia na solicitude, facendo referencia ao número de expediente correspondente ás avaliacións ou informes anteriores. En todo caso, os méritos curriculares obtidos con posterioridade a anterior solicitude deberán xustificarse.