Másteres

Os obxectivos destes estudos están en detectar o valor engadido dos másteres na empregabilidade dos titulados universitarios, servindo de base ás universidades para elaborar estratexias de mellora na planificación das súas titulacións na procura de aumentar a empregabilidade dos seus titulados. Para iso, analizase a súa situación desde dous puntos de vista: satisfacción coa formación recibida no título realizado e análise da situación laboral do titulado unha vez realizado o título.