ACSUG renova a certificación externa do seu Sistema de Xestión de Calidade ata o ano 2027

A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) levou a cabo en febreiro de 2024 unha auditoría externa do sistema de xestión de ACSUG. Segundo quedou reflectido no informe final da auditoría, non se detectaron non conformidades durante o transcurso da mesma e o sistema de xestión de ACSUG mantense correctamente actualizado. Como resultado, AENOR concedeu a ACSUG a renovación da certificación do seu sistema de xestión, segundo a norma ISO 9001, por un período de 3 anos, ata o 2027.