• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Profesorado

A nova Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU) que deroga a anterior Lei 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, establece un réxime transitorio para unha adaptación da regulamentación actual partindo do respecto ao principio de autonomía universitaria e da distribución competencial entre o Estado e as Comunidades Autónomas. Como unha das novidades en materia de contratación de profesorado, decreta a eliminación da acreditación previa para a figura de profesorado axudante doutor e a substitución progresiva da figura de profesorado contratado doutor pola figura de profesorado permanente laboral. No referente aos complementos retributivos, a obrigación de avaliación previa por parte das axencias de calidade, segue rexendo conforme á Lei 6/2013, do 13 de xuño do Sistema Universitario de Galicia. No que respecta a os corpos docentes universitarios, a nova lei engade como novidade, a posibilidade de que tanto a acreditación previa para acceder ás figuras de profesor titular de universidade e catedrático de universidade, como a avaliación dos sexenios, poidan ser avaliados polas axencias de calidade autonómicas previo convenio coa ANECA .