Actualidade

Convocatoria ordinaria 2016 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión.

02/12/2016

Publícase hoxe, 2 de decembro de 2016, a Resolución do 6 de outubro de 2016, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 5 de decembro de 2016 ata o día 3 de enero de 2017, incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende mañá día 3 de decembro de 2016.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adiministracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta.
https://sede.xunta.gal
En caso de dubida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Convocatoria ordinaria 2016 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora

02/12/2016

Publícase hoxe, 2 de decembro de 2016, a Resolución do 5 de outubro de 2016, (DOG do 2 de decembro 2016) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento excelencia curricular docente e investigadora e ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 5 de decembro de 2016 ata o día 3 de enero de 2017, incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende mañá día 3 de decembro de 2016.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adiministracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta.
https://sede.xunta.gal
En caso de dubida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Convocatoria ordinaria 2016 para os Complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador

02/12/2016

Publícase hoxe, 2 de decembro de 2016, a Resolución do 7 de outubro de 2016, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Acceso á aplicación para cumprimentar a solicitude e os demais anexos.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 5 de decembro de 2016 ata o día 3 de enero de 2017, incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende mañá día 3 de decembro de 2016.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adiministracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta.
https://sede.xunta.gal
En caso de dubida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas 2015

02/12/2016

Como cada ano, ANECA e as axencias de calidade autonómicas publican o Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas correspondiente ao ano 2015.

O informe que aquí se presenta é o noveno dunha serie de informes iniciada en 2007 destinados ao Ministerio competente en materia de Universidades e aos diferentes axentes da sociedade, sobre o desenvolvemento dos procesos de avaliación, certificación e acreditación en España no eido da educación universitaria.

O obxectivo final destes informes é aportar unha reflexión que axude á toma de decisións sobre as principais accións de mellora necesarias para garantir a calidade do Sistema Universitario Español, cun enfoque especialmente dirixido ao servizo dos intereses dos estudantes e da sociedade.

A ACSUG asistiu ao 11º European Quality Assurance Forum (EQAF) en Liubliana

01/12/2016

A ACSUG asistiu ao 11º European Quality Assurance Forum (EQAF), que tivo lugar entre o 17 e 19 de novembro de 2016 en Liubliana (Eslovenia). O EQAF é un foro anual que permite o intercambio de experiencias sobre a educación superior por parte de todos os grupos de interese: alumnos, universidades, axencias de calidade universitaria, etc.

Resolución do 7 de novembro de 2016, do Vicerreitorado de Organización Académica da Universidade de Oviedo

16/11/2016

Resolución do 7 de novembro de 2016, do Vicerreitorado de Organización Académica da Universidade de Oviedo, pola que se fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora para o profesorado interino e contratado non permanente correspondente ao ano 2016.

Prazo de solicitude

14 de novembro a 3 de decembro

Acceso á aplicación informática para cubrir a solicitude.

Instrucións

ACSUG participa na Asemblea Xeral de ENQA do 2016 en Gloucester

14/11/2016

Os días 20 e 21 de outubro celebrouse, na cidade inglesa de Gloucester, a Asemblea Xeral do ano 2016 da Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA). A este evento asistiu o Director da ACSUG, representando á Axencia como membro de pleno dereito de ENQA.

A Asemblea Xeral foi precedida, como é habitual, dun foro ao que asistiron máis de 200 persoas pertencentes ás 49 axencias que forman parte de ENQA. Neste foro tratáronse diversos temas relacionados coa calidade da educación superior a través de relatorios, mesas redondas e paneis. Nesta sesión de paneis, a ACSUG presentou un póster sobre a inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia, nas titulacións de 1º e 2º ciclo, graos e máster. Durante a sesión intercambiáronse opinións cos asistentes en relación aos principais resultados obtidos, valorando aspectos relevantes na inserción laboral, tales como cantos titulados conseguiron un traballo aos dous anos de finalizar os seus estudos, onde o conseguiron, como o conseguiron e que competencias foron as más valoradas á hora de acceder ao seu posto de traballo.

Posteriormente, na Asemblea Xeral aprobouse a incorporación de novos membros a ENQA, entre os que se encontraba ACPUA, a Axencia de Calidade e Prospectiva Universitaria de Aragón, así que xa se eleva a 8 o número de axencias españolas membros de pleno dereito de ENQA. Despois da aprobación das contas anuais e o orzamento para o vindeiro ano, estableceuse un calendario de actividades a realizar en 2017.

Comunicación dos resultados da avaliación previa á contratación de profesorado 2016

09/11/2016

Comunícase a todos os que solicitasen a avaliación ou informe nesta convocatoria, que poderán recoller a súa resolución na sede de la ACSUG, do 14 ao 18 de novembro de 2016. A partir desta data procederase ao envío postal das resolucións.

Reunión Doutorados

07/11/2016

O pasado 24 de outubro celebrouse na ACSUG unha xuntanza coas Escolas de Doutoramento, os Vicerreitorados de Títulos e as Áreas de Calidade das tres Universidades do Sistema Universitario de Galicia, co obxectivo de traballar sobre os contidos mínimos da guía de seguimento e renovación da acreditación dos programas de doutoramento.

Reunión do consello de ECA en París

07/11/2016

O Consello do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA) reuniuse o día 11 de outubro de 2016 en París. A ACSUG ten representación no Consello, tras ser elixido como membro un dos seus técnicos, por un período de dous anos, na Reunión anual de ECA celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de xuño.

O Consello de ECA ten, entre as súas funcións, planificar, coordinar e revisar as actividades que se están levando a cabo no organismo.

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) presenta a publicación: “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2011-2012”.

19/10/2016

O luns, 17 de outubro, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia presentou a publicación: “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2011-2012”. No acto participaron o Secretario Xeral de Universidades, D. José Alberto Díez de Castro; a presidenta da ACSUG, Dona María Patrocinio Morrondo Pelayo e o director da ACSUG, D. José Eduardo López Pereira.

 


Esta publicación atópase enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Nesta ocasión, complementando a serie temporal de estudos de inserción laboral dos titulados no SUG, presentanse os resultados acadados na décima enquisa realizada en decembro de 2014. A mostra enquisada representa arredor dun 58% da poboación total, 4.687 titulados en estudos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías, arquitectura, enxeñarías técnicas e arquitectura técnica) e mais aos graduados. Dentro das principais conclusións extraídas do informe atópanse as seguintes:

Datos persoias e académicos

Para o 73,33% dos titulados durante o curso 2011-2012 a titulación obtida fora a súa primeira opción.

O 54,38% dos titulados gozou dalgunha bolsa durante os seus estudos. Deles, máis da metade, o 50,68%, mantivérona durante tres ou máis cursos académicos. No 97,38% dos casos a bolsa de estudos procedía dunha institución pública española.

O 45,25% dos titulados durante o curso 2011-2012 tiña no momento de realizar a enquisa outra titulación universitaria rematada, a maiores da titulación pola que foi enquisado. Deles, o 64,20% obtivera un máster.

Case a metade, o 48,22%, dos titulados realizou prácticas en empresas/institucións durante os seus estudos.

Un 39,03% dos enquisados compaxinou os estudos cun traballo, aínda que só no 35,78% dos casos o traballo foi a tempo completo. O 61,37% dos titulados que traballaron durante os estudos indicou que o traballo non estaba relacionado coa titulación.

O 19,28% dos titulados durante o curso 2011-2012 participou durante a súa estadía na universidade nalgún programa de mobilidade, maioritariamente no programa Erasmus, cun 69,15%. No 80,05% dos casos o seu destino foi unha universidade do resto da Unión Europea.

O 91,36% dos titulados coñecía algún idioma a maiores das linguas oficiais do SUG (galego e castelán). Deles, o 61,79% afirmou coñecer só un idioma adicional. Os idiomas que dixeron coñecer mellor foron o inglés, o francés e o portugués, cun 86,09%, un 4,91% e un 4,16% respectivamente. Á hora de describir o seu coñecemento do idioma, o 57,48% dos enquisados definiuse como usuario independente (niveis B1 e B2).

 

Busca de emprego

O 81,00% dos titulados buscou emprego relacionado coa súa titulación dende que rematou os estudos. Deles, o 56,38%  atopouno.

O 38,83% dos titulados tardou como moito 6 meses en atopar o seu primeiro emprego despois da titulación. O tempo medio que lles levou aos titulados atopar ese primeiro emprego relacionado coa titulación foi de 9,79  meses.

As vías de busca de emprego máis utilizadas polos titulados durante o curso 2011-2012 foron a través de internet, cun 4,06 , presentando de maneira espontánea a súa candidatura, cun 3,81, e a través de contactos persoais, familiares ou amizades, cun 3,16. Máis da metade dos titulados, un 50,97%, atopou o seu primeiro emprego por algunha destas tres vías.

Os titulados salientaron como os factores máis relevantes na obtención dun emprego a actitude durante a entrevista, cun 4,47, a experiencia laboral relacionada, cun 4,43, os coñecementos de idiomas, cun 4,10, e ter mobilidade xeográfica, cun 4,08.

 

 Situación actual

O 23,38% dos titulados durante o curso 2011-2012 continuaba a estudar no momento da realización da enquisa. Deles, o 47,50% estudaba un máster e o 28,31% estudaba un grao. Polo tanto, do total de titulados no 2011-2012, seguían estudos de mestrado o 11,11% e de grao o 6,62% .

O 19,59% dos titulados durante o curso 2011-2012 preparaba oposicións no momento da realización da enquisa.

O 67,53% dos titulados durante o curso 2011-2012 traballaba no momento da realización da enquisa. De entre os que non traballaban, o 61,54% indicaron que traballaran nalgún momento dende que remataran a titulación. Dito traballo acabara de media 7,23 meses antes de realizar a enquisa, e a fin do contrato foi o motivo alegado no 75,29% dos casos.

O 13,53% dos titulados durante o curso 2011-2012 non estaba nin cursando estudos universitarios adicionais, nin preparando oposicións nin traballando no momento de realizar a enquisa.

 

Emprego actual (despois da titulación)

A maioría dos titulados 82,08% estaba a traballar en Galicia. O 14,64% traballaba noutra comunidade autónoma e só un 3,29% traballaba fóra de España. O motivo para traballar fóra de Galicia máis indicado foi non atopar traballo en Galicia, cun 37,36%.

O 86,02% dos titulados que traballaban no momento de responderen a enquisa facíano por conta allea. Deles, o 1,33% facíao sen contrato. En canto ao tipo de xornada, o 71,31% dos enquisados que traballaban facíano a tempo completo.

O 51,95% das empresas nas que estaban traballando os enquisados eran empresas con menos de 50 empregados. Só o 33,28% dos titulados que traballaban o facían en empresas de máis de 250 empregados.

O salario medio dun titulado durante o curso 2011-2012 era de 1.037,08 € ao mes. Máis da metade dos titulados, o 54,65%, tiñan un salario mensual inferior a 1.000 €. Da análise por sexo dos salarios concluíuse que o salario medio mensual para os homes era de 1.147,71 €, mentres que para as mulleres era de 975,44 €.

O 71,07% dos titulados que traballaban estaban desenvolvendo funcións de nivel universitario no seu traballo. Deles, o 81,70% desenvolvía funcións específicas da súa titulación. Ademais, o 68,53% dos titulados que traballaban afirmaban estar bastante ou moi satisfeitos co seu traballo.

As cinco competencias máis valoradas polos titulados durante o curso 2011-2012 foron a capacidade para a aprendizaxe, cun 4,45, a capacidade para resolver problemas, cun 4,44, a motivación, cun 4,42, a capacidade de comunicación oral/escrita, cun 4,41, e a adaptabilidade, cun 4,36.

 

Satisfacción co itinerario académico

O 88,83% dos titulados volvería cursar estudos universitarios. Deles, o 78,32%  volvería elixir a mesma titulación, dos cales un 86,48% repetiría os seus estudos na mesma universidade. Isto tradúcese en que o 60,16% do total de titulados no SUG durante o curso 2011-2012 repetiría exactamente o mesmo itinerario académico, é dicir, volvería cursar a mesma titulación na mesma universidade.

 

 

Presentación da Publicación “Estudo da inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2011-2012”. Luns 17 de outubro ás 12:00 horas na sede da ACSUG.

14/10/2016

O luns día 17 de outubro ás 12:00 horas na sede da ACSUG terá lugar a presentación da publicación:”Estudo da inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2011-2012”. No acto intervirán o Sr. Secretario Xeral de Universidades, a presidenta e o director da ACSUG.

A ACSUG presenta a publicación do “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2011-2012”, complementando a serie temporal de estudos de inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia, onde se recollen os resultados acadados na décima enquisa realizada en decembro de 2014 aos titulados universitarios no SUG.

A mostra enquisada neste último estudo representa arredor dun 58% da poboación total, 4.687 titulados en estudos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías, arquitectura, enxeñarías técnicas e arquitectura técnica) e mais aos graduados.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Os obxectivos principais deste estudo coinciden cos dos anteriores estudos realizados pola ACSUG sobre a mesma temática, que se estruturan en dous temas principais: a obtención de información sobre a percepción dos titulados con respecto a súa formación e a súa universidade e a obtención de información sobre a busca de emprego e a súa situación laboral actual do titulado.

Programa FIDES-AUDIT. Fase de certificación da implantación dos SGC

11/10/2016

Publícase a convocatoria para a solicitude de participación dos centros no proceso de Certificación da Implantación dos SGC.

O prazo para o envío das solicitudes comeza o día 24/10/2016 e finaliza o 25/11/2016.

As universidades interesadas deberán cubrir a solicitude de participación.

Complementos retributivos autonómicos: convocatoria 2016

22/09/2016

Infórmase de que se iniciaron os trámites para a publicación da convocatoria dos distintos complementos retributivos autonómicos correspondente ao ano 2016.

Seminario Internacional de formación de especialistas en autoavaliación e acreditación universitaria (20-24 setembro 2016)

21/09/2016

Na sede da ACSUG estase celebrando o SEMINARIO INTERNACIONAL DE FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS EN AUTOAVALIACIÓN E ACREDITACIÓN UNIVERSITARIA, ao que asisten varios profesores, estudantes e egresados da Universidade de San Martín de Porres (USMP) da cidade de Lima (Perú). Á apertura do acto asistiu o Secretario Xeral de Universidades, Prof. Dr. D. Xosé Alberto Díez de Castro e a Presidenta da ACSUG, Profa. Dra. Dona Patrocinio Morrondo Pelayo, xunto co Director da Axencia, Prof. Dr. D. José Eduardo López Pereira.

Os asistentes participarán activamente en cinco axustadas xornadas de traballo nas que se abordarán temas como “O papel da ACSUG nos diferentes programas de avaliación”, “O seguimento e acreditación de Títulos”, “O recoñecemento á excelencia curricular” e “A acreditación do profesorado”, sempre combinando a parte teórica e a práctica coa resolución de casos concretos.

O xoves e o venres as xornadas se levarán a cabo nas universidades de Santiago e da Coruña, onde, tras unha recepción oficial por parte dos respectivos Sres. Reitores, os asistentes recibirán explicacións sobre a percepción que ten a universidade das diversas avaliacións que leva a cabo a ACSUG no Sistema Universitario de Galicia.

 

 

Plan estratéxico ACSUG 2016-2020

16/09/2016

A ACSUG aprobou recentemente o seu primeiro Plan Estratéxico 2016-2020, que será a súa folla de ruta para a toma de decisións e para buscar a mellora da excelencia na calidade. Despois dun longo proceso de reflexión e de participación dos diferentes grupos de interese relacionados coa educación universitaria, a ACSUG sinala o futuro cara o que quere encamiñarse, buscando a súa adaptación aos novos procesos emerxentes.

O obxectivo da ACSUG é mellorar o que ven realizando desde a súa creación no ano 2001 e desde a súa integración na Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA), no 2009, e revisar a súa misión, dando resposta aos novos desafíos que se presentan coa innovación constante na educación superior.

Con estes obxectivos emprende a ACSUG un novo rumbo, marcado pola dirección estratéxica que xurde deste novo plan, que nos levará ata o 2020.

Xuntanzas de metaavaliación na ACSUG

16/09/2016

Ao longo do pasado mes de xullo a ACSUG desenvolveu distintas actividades orientadas á mellora continua dos seus procedementos de avaliación de títulos (seguimento e renovación de acreditación) e de centros (sistema de garantía de calidade).

Inicialmente, coa finalidade de obter información dos distintos grupos de interese (coordinadores e responsables de títulos e avaliadores externos), leváronse a cabo os procesos de medición da satisfacción relacionados coa convocatoria 2015/2016 onde se valoraron, entre outros parámetros, aspectos relacionados coa documentación, organización e desenvolvemento dos distintos procesos de avaliación.

Posteriormente, celebráronse dúas xuntanzas na sede da ACSUG para analizar e reflexionar sobre toda a información dispoñible do proceso, detectar debilidades e propoñer melloras nos distintos procesos de avaliación.

Entre outros temas, traballouse en aspectos relacionados coa presentación da documentación dos títulos, guías, plantillas e prazos de avaliación, organización e desenvolvemento das visitas na renovación de acreditación de títulos, etc. Tamén se realizou unha primeira planificación da próxima convocatoria de avaliación, 2016/2017.

 

Xuntanza realizada cunha mostra representativa de avaliadores de cada unha das comisións de rama de coñecemento da ACSUG (14.07.2016)

 

Xuntanza realizada cos Vicerreitorados de Títulos e Áreas de Calidade das Universidades do Sistema Universitario de Galicia (21.07.2016)

Participación do director da ACSUG no PRIMEIRO SEMINARIO PREPARATORIO DA TERCEIRA CUMBRE ACADÉMICA (Santo Domingo)

26/07/2016

O Director de ACSUG asistiu ao PRIMEIRO SEMINARIO PREPARATORIO DA TERCEIRA CUMBRE ACADÉMICA que se celebrou en Santo Domingo, capital da República Dominicana, ao que foi invitado polo Ministerio de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía para presentar un relatorio sobre “Acreditación na Educación Superior en América Latina e o Caribe e na Unión Europea”.
Na súa exposición tratou de explicar aos máis de 200 participantes o proceso e o camiño recorrido en Europa desde a Declaración de Bolonia, na avaliación e acreditación da Educación Superior, comparándoa co realizado en Latino América desde a Declaración de Río de 1999. A posibilidade de aproveitar sinerxías nun camiño que a percorrer conxuntamente e con obxectivos maioritariamente comúns foi a base do seu discurso.
Tras esta primeira exposición, o Director da ACSUG reuniuse coa Honorable Ministra de Educación Superior e os reitores, vicerreitores e demais persoal de gran parte das 52 universidades existentes no país. O obxectivo da xuntanza foi o de coordinar esforzos e axudas para poder chegar a acordos e convenios que permitan unha colaboración mutua en actividades de acreditación internacional dentro do marco europeo de acreditación, acción que ACSUG ven realizando noutros países latinoamericanos, como Perú ou México.


A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) presenta a publicación: “Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2010-2011”.

21/07/2016

O xoves 21 de xullo, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia presentou a publicación: “Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2010-2011”. No acto participaron o Secretario Xeral de Universidades, a presidenta e o director da ACSUG.

Desde o ano 2001, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) ven proporcionando información sobre a integración no mercado laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia (SUG) para os títulos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas e enxeñarías) e graos. Coa nova estrutura dos estudos universitarios actuais: grao, máster e doutoramento resulta indispensable dispor de información sobre a inserción laboral dos titulados en másteres. Por iso, no ano 2013, a Axencia iniciou un novo proxecto, ampliando o campo de estudo aos titulados en másteres no SUG, converténdose na primeira axencia a nivel nacional en realizar unha análise deste tipo. Continuando con esta iniciativa, a ACSUG publica o segundo informe enmarcado nesta temática: “Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2010-2011” (EILMásteres1011).

Nesta publicación, analizanse os resultados obtidos na segunda enquisa realizada aos titulados universitarios en másteres oficiais no SUG entre xuño e xullo de 2014, aproximadamente aos tres anos despois de rematar o máster. Entre os obxectivos principais deste informe están proporcionar información sobre os titulados universitarios en másteres no SUG, de xeito que os resultados acadados contribúan á mellora da calidade das ensinanzas universitarias ofertadas aos futuros estudantes. A información recabada contempla as seguintes temáticas: valoracións dos titulados en másteres sobre aspectos organizativos e de desenvolvemento do máster, motivación principal para realizar estudos de másteres e valoracións sobre a experiencia laboral nestes últimos anos, antes e despois da realización do máster. Así mesmo, o informe remata facendo unha comparativa dos resultados acadados nos dos últimos estudos entre os titulados en másteres 2010-2011 e 2009-2010.
A motivación principal para cursar estudos de máster é complementar a formación académica para obter unha maior especialización no mercado de traballo, cunha porcentaxe de 57,6%, seguida por complementar a formación académica previa para realizar o doutoramento e dedicarse a investigación, cunha porcentaxe de 30,1%, para o total do SUG. No tocante a distribución por ramas de coñecemento, o motivo de complementar a formación académica de cara ao mercado laboral é maioritario nas ramas de Enxeñaría e Arquitectura (68,0%), Ciencias da Saúde (61,4%) e Ciencias Sociais e Xurídicas (56,0%) fronte as ramas de Artes e Humanidades (53,8%) e Ciencias (51,6%) que acadan unhas maiores porcentaxes no motivo de complementar a formación de cara á investigación.

Con respecto a situación laboral previa á realización do máster, un 68,3% dos titulados másteres traballaban con anterioridade á realización do máster, un 8,5% buscaron emprego pero non o atoparon e un 23,2% nin sequera o buscaron. Así mesmo, no momento de comenzar o máster, o 61,6% simultanearon o traballo co máster, e tan só un 4,7% deixaron o seu emprego para cursar o máster.

Como novidade neste estudo, analízouse a traxectoria laboral dos titulados en másteres no SUG desde o momento no que remataron o máster ata a realización da enquisa. Un 91,9% dos titulados de máster traballaron nalgún momento desde que remataron o máster, porcentaxe que se divide nun 73,5% que traballa actualmente e un 18,4% que non traballa pero si o fixo desde que acabou o máster.

O tempo medio para que un titulado do SUG atope o seu primeiro traballo despois de rematar o máster é de 8,29 meses. Os titulados que acceden máis axiña ao mercado laboral tras o máster son os de Enxeñaría e Arquitectura (6,31 meses) e Ciencias da Saúde (6,36 meses).

Un 73,5% dos titulados en másteres no SUG traballaba no momento da realización da enquisa. Analizando a situación dos titulados que non traballan e tampouco buscan emprego, destacan as porcentaxes de titulados que realizan outros estudos (4,2%). A gran maioría traballa en Galicia 88,1%, mentres que só unha reducida porcentaxe traballa no estranxeiro, 1,7%.

Un 44,1% dos titulados en másteres do SUG afirman que o seu traballo está bastante ou moi relacionado co máster que cursou. Ademais, un 79,8% dos titulados considera que para o desenvolvemento do seu traballo actual é necesaria formación universitaria. Por ramas de coñecemento, os maiores niveis de vinculación entre o traballo e o máster danse nas ramas de Ciencias e de Enxeñaría e Arquitectura, onde case a metade dos titulados catalogan a relación como bastante ou moi relacionada.

Os titulados en másteres no SUG están satisfeitos cos estudos universitarios cursados. Case tres cuartas partes dos titulados en másteres volverían a realizar o máster.

A mostra enquisada neste estudo foi de 1.526 titulados en másteres no curso académico 2010-2011 sobre unha poboación de 2.099, representando arredor dun 72,70% da poboación total. O erro de mostraxe global acadado sitúase no +/-1,23%, cun nivel de confianza do 95%.

ACSUG Organiza ECA Summer Workshop 2016

30/06/2016

Os días 30 de xuño e 1 de xullo 11 países europeos, representados por 16 axencias de calidade do sistema universitario, que son membros do European Consortium for Accreditation in higher education (ECA), reúnense en Santiago de Compostela, para celebrar o terceiro encontro anual da asociación, co obxectivo de promover a internacionalización da educación superior.

As actividades repártense entre sesións plenarias e grupos de traballo nos que se abordarán temas relacionados coa acreditación e calidade dos títulos universitarios a nivel europeo, tales como “Os programas conxuntos e o recoñecemento mutuo” ou “A innovación e a internacionalización na certificación da calidade e da acreditación”.

ACSUG, a axencia de calidade con maior presenza en acreditación internacional, responsabilizouse da coordinación deste encontro no que ofreceu a súa nova imaxe a través da súa páxina web e presentou un vídeo institucional sobre o labor que realiza no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Xuntanza Axencias de Calidade e Centros Universitarios da Defensa

09/06/2016

O día 19 de maio reuníronse na sede do CUD, na Academia Xeral Militar de Zaragoza, as Axencias de Calidade e os Centros Universitarios da Defensa. Á xuntanza asistiron os directores das axencias implicadas na avaliación deste tipo de centros e persoal técnico das mesmas que intercambiaron información, experiencias e resultados nos distintos procesos de avaliación e acreditación cos directores dos CUD e persoal da Academia Xeral Militar e o Ministerio de Defensa.

O obxectivo era un intercambio de opinións entre os asistentes sobre o sistema de avaliación e os resultados da acreditación, xa que algúns dos centros recibiron recentemente o certificado de acreditación, para mellorar procedementos e resultados en busca da mellora da calidade universitaria.

O director da ACSUG mantivo un seminario cos membros da axencia aragonesa, á que asistiu tamén o Director Xeral de universidades da Comunidade de Aragón e o director do Campus de Excelencia Internacional Iberus, no que expuxo o método empregado para a acreditación de universidades no ámbito internacional, especialmente en Iberoámerica, desde o momento da firma dun convenio xeral, pasando pola elaboración das guías correspondentes, a realización da visita externa ata a certificación final da acreditación dos correspondentes títulos.

Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG

24/05/2016

Con data do 24 de maio de 2016 publícase no DOG a Resolución do 25 de abril de 2016 da Presidenta da ACSUG, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Acceso á aplicación informática para cubrir a solicitude.

Pagamento de taxas administrativas para presentar a solicitude.

Dúbidas frecuentes

Visita do director da ACSUG á universidade ANÁHUAC en Mexico

10/05/2016

A ACSUG segue a ampliar os seus horizontes internacionais, neste caso en Iberoamérica, onde está a avaliar diversas universidades, máis concretamente en Perú e en México.

Nesta ocasión o director de ACSUG desprazouse a Universidade Anáhuac de Xalapa (México), onde se procedeu á firma dun convenio entre ambas institucións para que a ACSUG leve a cabo un proceso de acreditación internacional de catro titulacións na devandita universidade, e aproveitou a ocasión para soster unha conferencia sobre “A calidade no modelo educativo universitario en Europa e en España” e manter varios seminarios cos profesores responsables da acreditación das titulacións que van ser sometidas ao proceso de avaliación.

Destrucción Documentación méritos curriculares 2007-2009 acreditación profesorado

22/03/2016

O martes, 22 de marzo de 2016 publicase no DOG a RESOLUCIÓN de 8 de marzo de 2016, do Consello de Dirección, pola que se publica o acordo da destrución da documentación xustificativa dos méritos curriculares presentados polos solicitantes que concorreron á convocatoria de 2007, 2008 e 2009 da avaliación e informe previos á contratación do profesorado universitario.

Publicada a nova documentación do Programa DOCENTIA

26/02/2016

O xoves 25 de febreiro de 2016, presentouse na ACSUG ante os vicerreitorados responsables do Programa DOCENTIA das tres universidades galegas e as unidades de calidade, a nova documentación do Programa DOCENTIA, que está en vigor desde este curso 2015-2016 e substitúe aos documentos e guías asociados ao Programa DOCENTIA dende a súa creación.

Na dita xornada aproveitouse para facer un repaso pola situación actual na que se atopa DOCENTIA a nivel estatal e os retos do Programa no futuro.

Ver documento

Nesta nova documentación especifícase o enfoque co que se aborda a avaliación da actividade docente do profesorado nas distintas fases do proceso: verificación dos deseños, implantación, seguimento, e certificación dos modelos de avaliación da actividade docente das Universidades.

O director de ACSUG no “IX Seminario taller internacional: desfíos y logros de una educación de calidad, las mejores prácticas internacionales" na universidade de San Martín de Porres en Perú

18/02/2016

O Director da ACSUG participou no IX Seminario Taller Internacional: "DESAFÍOS Y LOGROS DE UNA EDUCACIÓN DE CALIDAD: Las Mejores Prácticas Internacionales" organizado entre o 26 e 28 de novembro de 2015 na Universidade de San Martín de Porres (USMP) en Lima (Perú). Dentro da planificación do seminario o Director da ACSUG colaborou no acto de apertura e clausura, ademais de realizar unha presentación sobre o modelo educativo universitario en España.