Actualidade

A ACSUG renova a súa inscrición ao rexistro europeo de axencias de calidade(EQAR)

05/12/2014

O comité de rexistro do EQAR decidiu na súa xuntanza de novembro de 2014 que a ACSUG segue cumprindo cos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior" tras superar novamente un proceso de avaliación externo.

Como resultado, a inscrición da ACSUG no EQAR foi renovada ata o 2019.

Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas 2013

04/12/2014

ANECA e as axencias de calidade autonómicas publican o informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas do ano 2013. Ver informe.

Comunicación dos resultados da avaliación previa á contratación de profesorado 2014

21/11/2014

Comunícase a todos os que solicitasen a avaliación ou informe na convocatoria de 2014 que poderán recoller a súa resolución na sede de la ACSUG, do 24 de novembro ao 28 de novembro de 2014. A partir desta data procederase ao envío postal das resolucións. Recórdase que o horario de atención é de 9:00 a 14:00h.

A ACSUG participa no proxecto RIQAA do EQAR

12/11/2014

A ACSUG está colaborando no proxecto "Recoñemento Internacional das Actividades de Aseguramento da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (RIQAA)", coordinado polo Rexistro Europeo de Axencias de Calidade (EQAR). Os días 21 e 22 de outubro de 2014, o director da ACSUG asistiu en Palermo á conferencia final do proxecto.

A ACSUG asiste á 5ª asemblea xeral de ENQA

12/11/2014

Os días 16 e 17 de outubro de 2014, tivo lugar a 5ª Asemblea Xeral da Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA) en Zagreb (Croacia). O director da ACSUG asistiu a esta reunión na cal se trataron importantes temas relacionados co organismo, como o novo plan estratéxico 2016-2020 ou a elección de novos membros para o Consello de ENQA.

Presentación do avance de resultados “ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2010-2011”

27/10/2014

O luns día 27 de outubro ás 11:00 horas na sede da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tivo lugar a presentación do AVANCE DE RESULTADOS: ”ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2010-2011”. No acto interviron o Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a presidenta e o director da ACSUG.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: porcentaxe de titulados traballando, vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.

Ampliar nova

Xornada de formación de renovación da acreditación de títulos

27/10/2014

O 27 de outubro celébrase na ACSUG unha xornada de formación, para avaliadores, sobre os procesos de renovación da acreditación de títulos oficiais.

Programa

Documentación

ACSUG renova a súa pertenza a ENQA como membro de pleno dereito

13/10/2014

Os membros da Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA), deben realizar cada 5 anos un proceso de avaliación periódico, co obxectivo de demostrar a ENQA que seguen cumprindo cos criterios e directrices europeos. Así, a ACSUG, membro de pleno dereito desde 2009, acaba de terminar con éxito o proceso de avaliación externa internacional coordinado por ENQA, renovando a su pertenza no organismo por un período de 5 anos, ata 2019. Ampliar información

Publicación do informe do proxecto EQArep

03/10/2014

Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA), vén de publicar o informe: "Transparency of European higher education through public quality assurance reports (EQArep)", que expón as conclusións do proxecto EQArep sobre a transparencia da educación superior europea a través da publicación de informes de avaliación da calidade. A ACSUG colaborou neste proxecto facilitando información sobre a súa metodoloxía na publicación de informes.

Programa Fides-Audit. Fase de certificación da implantación dos SGC

23/09/2014

Publícase a convocatoria para a solicitude de participación dos centros no proceso de Certificación da Implantación dos SGC.

O prazo para o envío das solicitudes comeza o día 22/09/2014 e finaliza o 22/10/2014.

As universidades interesadas en participar deberán facer uso do Anexo II da Guía de Certificación.

 

Xuntanza na ACSUG cos Vicerreitorados de Títulos e Áreas de Calidade das universidades de Galicia

24/07/2014

O 23 de xullo de 2014, os Vicerreitorados de Títulos e Áreas de Calidade das Universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) foron convocadas pola ACSUG a una xuntanza para tratar os seguintes temas:

  • Verificación de títulos oficiais
  • Seguimento de títulos oficiais
  • Modificacións de títulos oficiais
  • Renovación da acreditación de títulos oficiais: conclusións do proxecto piloto, planificación curso 2014/2015.
  • Certificación dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade (SGC)

A ACSUG organiza unha xornada de formación para representantes da Universidade de Guanajuato (México)

02/07/2014

A Universidade de Guanajuato (México) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) asinaron en abril de 2014 un convenio marco de colaboración mediante o cal a ACSUG levará a cabo actividades de avaliación e certificación nesta universidade, incidindo desta forma no aseguramento da calidade da mesma.

En relación con este convenio, o día 27 de xuño de 2014 organizouse na sede da ACSUG unha xornada de formación á que asistiron representantes da Universidade de Guanajuato. Nestas xornadas fíxose en primeiro lugar unha descrición das principais actividades de avaliación que realiza a ACSUG, para posteriormente centrarse na metodoloxía e procedemento de deseño e avaliación periódica de títulos universitarios, finalizando coa explicación dos procesos de avaliación externa a nivel internacional que a ACSUG está levando a cabo.

Presentación da publicación “Estudo da inserción laboral dos titulados universitarios no sistema universitario de galicia 2009-2010”. Xoves día 19 de xuño ás 11:00 horas na sede da ACSUG.

17/06/2014

O xoves día 19 de xuño ás 11:00 horas na sede da ACSUG terá lugar a presentación da publicación: ”ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2009-2010”. No acto intervirán o Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a presidenta e o director da ACSUG.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: porcentaxe de titulados traballando, vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.

Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG

02/06/2014

Con data do 2 de xuño de 2014 publícase no DOG a Resolución do 7 de maio de 2014 da Presidenta da ACSUG, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

IMPORTANTE: Data límite día 2 de xullo

A ACSUG, en colaboración coa USC, organiza unhas xornadas de formación para representantes das universidades de Uzbekistán

28/05/2014

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) colaboran para poñer en marcha procedementos de garantía de calidade nas universidades de Uzbekistán en relación co Proxecto TEMPUS: "Sustainable Agrarian Management Studies for Uzbekistan (SAMUz)"

Os días 4 e 6 de xuño de 2014 organízanse na sede da ACSUG unhas xornadas de formación, ás que asisten representantes das universidades de Uzbekistán. Nestas xornadas expóñense en primeiro lugar as principais actividades de avaliación que realiza a ACSUG, para posteriormente centrarse na metodoloxía e procedemento de deseño e avaliación periódica de títulos universitarios, finalizando coa realización dun caso práctico.

A ACSUG asiste ao ENQA Members’ Forum 2014 en San Petersburgo (Rusia)

06/05/2014

Os días 24 e 25 de abril de 2014, tivo lugar o Members' Forum do 2014 da Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA) en San Petersburgo (Rusia). O director da ACSUG asistiu a esta reunión na cal se trataron importantes temas relacionados con este organismo.

Convocatoria ordinaria 2014 para os complementos de recoñecemento ao labor docente, e ao labor investigador

24/04/2014

Publícase hoxe, 24 de abril de 2014, a Resolución do 7 de febreiro de 2014, (DOG de 24 de abril de 2014) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá día 25 de abril e remata o día 24 de maio de 2014.

Tendo en conta o carácter individual e consolidable dos complementos, OS PROFESORES AOS QUE XA SE LLES CONCEDERA EN ANTERIORES CONVOCATORIAS A VALORACIÓN POSITIVA POR PARTE DA ACSUG, NON TERÁN QUE VOLVER A SOLICITALOS.

 

Convocatoria ordinaria 2014 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión.

23/04/2014

Publícase hoxe, 23 de abril de 2014, a Resolución do 06 de febreiro de 2014 (DOG do 23 de abril de 2014) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá día 24 de abril e remata o día 23 de maio de 2014.

Convocatoria ordinaria do 2014 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora

23/04/2014

Con data de 23 de abril de 2014 publícase a Resolución do 5 de febreiro de 2014 (DOG do 23 do abril de 2014), pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 23 de maio de 2014.

Visita do comité externo de ENQA á ACSUG

23/04/2014

Os días 29 e 30 de abril de 2014, o comité externo da Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA), responsable da avaliación externa da ACSUG realiza unha visita á axencia para comprobar in situ o cumprimento dos criterios e directrices europeos. O comité externo reunirase con representantes de todos os grupos de interese do Sistema Universitario de Galicia: persoal da ACSUG, membros dos diferentes órganos da axencia, representantes do goberno autonómico e das universidades, avaliadores e expertos externos, estudantes, empresarios e grupos de traballo externos.

A ACSUG é membro de pleno dereito de ENQA desde 2009 e a visita do comité forma parte do proceso de avaliación externo que as axencias membros do organismo deben superar cada 5 anos. A ACSUG xa realizou a primeira fase de autoavaliación, enviando o informe correspondente ao comité externo.

Convenio de colaboración entre a ACSUG e a Universidade de Guanajuato, situada en México

22/04/2014

A ACSUG e a Universidade de Guanajuato (UG), de México asinaron en abril de 2014 un convenio marco de colaboración mediante o cal a ACSUG levará a cabo actividades de avaliación e certificación nesta universidade, incidindo desta forma no aseguramento da calidade da mesma.

O proceso de avaliación componse de varias fases:

  • Proceso de autoavaliación a realizar polo centro universitario.
  • Avaliación externa, levada a cabo por un comité de avaliadores designados por ACSUG e que inclúe unha visita aos centros.
  • Elaboración por parte de ACSUG dun informe final co resultado da avaliación.

     

A ACSUG participa no 7º boletín de noticias de ENQA

02/04/2014

A Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA), ven realizando periodicamente desde o 2012 unha publicación de boletíns de noticias que serven como plataforma para que os seus membros compartan información relevante sobre a Educación Superior en Europa. A ACSUG participou no 7º Boletín, publicado recentemente, cunha noticia sobre a posta en marcha do Proxecto Piloto de Acreditación de Títulos Universitarios.

Avaliación Becas Posdoutorais

04/02/2014

Os vindeiros días 19-20-21/02/2014 realizarase a avaliación para a concesión das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013 .Estas axudas teñen como finalidade a ampliación da especialización no estranxeiro de investigadores/as doutores/as, mediante o financiamento das estadías de investigación posdoutoral e a súa reincorporación a unha universidade do sistema universitario galego (SUG).

Xornada de formación acreditación títulos

04/02/2014

O vindeiro 13 de febreiro celébrase en ACSUG unha xornada de formación, para avaliadores externos, sobre os procesos de verificación, seguimento e renovación da acreditación de títulos oficiais.

Programa

Documentación

4ª convocatoria de Implantación do Programa DOCENTIA na UDC

04/02/2014

Xornada dirixida aos Comités de Avaliación

O 5 de febreiro celébrase na ACSUG unha xornada de formación dirixida aos membros dos Comités de Avaliación que participan na 4ª convocatoria de Implantación do Programa DOCENTIA na Universidade da Coruña.
Os obxectivos da xornada son: informar aos Comités do estado actual no que se atopa o Programa DOCENTIA a nivel galego e nacional, coñecer polo miudo o manual de avaliación da actividade docente da UDC e familiarizarse co aplicativo informático deseñado por ACSUG para o desenvolvemento deste programa.