Actualidade

Convocatoria ordinaria 2022 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular

28/04/2023

Hoxe 28 de abril do 2023, publícase no DOG, a Resolución de 18 de abril do 2023 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2022 (código de procedemento administrativo ED701A).

Guía do solicitante

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 de mayo ata o día 30 de mayo incluído.

A aplicación para cumprimentar a solicitude e anexos estará ABERTA desde o 2 mayo

ATENCIÓN!

De acordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telematicamente a solicitude (anexo III) no modelo dispoñible a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701A

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Proceso de avaliación previo á contratación de docentes universitarios tras a entrada en vigor da lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, de réxime universitario (LOSU)

05/04/2023

 A Lei Orgánica do Sistema Universitario elimina a necesidade de contar cunha acreditación para acceder á figura contractual de Doutor Auxiliar Docente (PAD). De conformidade co disposto nesta lei, así como por indicación expresa da Secretaría General de Universidades, infórmase de que, a partir da entrada en vigor da LOSU, as convocatorias de avaliación previa á contratación de profesorado universitario non contemplarán a acreditación previa para dita figura de PAD.

Convocatoria ordinaria 2022 para os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador

04/04/2023

Hoxe 4 de abril do 2023, publícase no DOG, a Resolución de 23 de marzo do 2023 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2022 (código de procedemento administrativo ED701B).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 5 de abril ata o día 9 de mayo incluído.

A aplicación para cumprimentar a solicitude e anexos estará ABERTA desde o 5 abril

ATENCIÓN!

De acordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telematicamente a solicitude (anexo I ) común para ambos complementos e as memorias de autoavaliación (anexo II.A e anexo II.B) nos modelos dispoñibles na aplicación informática do consorcio ACSUG. Conforme ao disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701B

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Convocatoria ordinaria 2022 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión

24/03/2023

Hoxe 24 de marzo do 2023, publícase no DOG, a Resolución de 15 de marzo do 2023 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2022 (código de procedemento administrativo ED701C).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 27 de marzo ata o día 25 de abril incluído.

A aplicación para cumprimentar a solicitude e anexos estará ABERTA desde o 27 de marzo

ATENCIÓN!

De acordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telemáticamente a solicitude (anexo II) no modelo dispoñible a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto nol artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701C

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Reunión ACSUG-CREUP

27/01/2023

O 25 de xaneiro de 2023 tivo lugar unha xuntanza virtual entre representantes do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP).

Durante a xuntanza tratáronse diversos temas de actualidade relativos á educación superior, principalmente as microcredenciais e o Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.