Arquivo de novas

Convocatoria ordinaria 2011 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora

01/12/2011

A través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 01 de decembro de 2011), apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación das retribucións adicionais, relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 31 de decembro de 2011.

Convocatoria complementos retributivos

08/11/2011

A ACSUG, segundo foi comunicado pola súa Presidenta ao Consello de Dirección celebrado o 27 de outubro, fará neste mes de novembro as convocatorias correspondentes ao ano 2011 relativas ás avaliacións previas á asignación dos complementos retributivos

Seminario de formación

24/10/2011

Co obxectivo de dar a coñecer os procedementos de avaliación da calidade do profesorado e das ensinanzas universitarias, ACSUG organiza un Seminario dirixido ao profesorado e estudantado do SUG, así como a profesionais dos distintos sectores empresarias, interesados en participar nos procesos de avaliación externa. O Seminario celebrarase os vindeiros 15 e 16 de novembro de 2011 nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Programa

Formulario de preinscrición

Convocatoria de avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á contratación excepcional de colaboradores

28/09/2011

CONVOCATORIA: AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DO PROFESORADO UNIVERSITARIO POLAS UNIVERSIDADES DO SUG

Solicitude para a avaliación previa á contratación do profesorado universitario polas universidades do SUG. A través da Resolución do 19 de setembro de 2011 ( DOG do 28 de setembro de 2011) , apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

CONVOCATORIA: AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO INFORME PREVIO Á CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE PROFESORADO COLABORADOR POLAS UNIVERSIDADES DO SUG

Solicitude para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do SUG. A través da Resolución do 19 de setembro de 2011 ( DOG do 28 de setembro de 2011), apróbase a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Devolución na ACSUG da documentación xustificativa dos méritos curriculares presentados polos solicitantes das convocatorias 2004 e 2005 de avaliación e informe previos á contratación do profesorado

12/07/2011

Sae publicada no DOG do día 12 de xullo de 2011 a Resolución do 29 de xuño de 2011, do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, pola que se acorda a destrución da documentación xustificativa dos méritos curriculares presentados polos solicitantes que concorreron ás convocatorias de 2004 e 2005 de avaliación e informe previos á contratación do profesorado universitario, pola que se acorda a destrucción da documentación xustificativa dos méritos. O PRAZO REMATA O 31 DE OUTUBRO DE 2011.

Convocatoria de avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á contratación excepcional de colaboradores: notificación das resolucións

13/06/2011

Infórmase a todos aqueles que presentasen ante a ACSUG a súa solicitude, de conformidade co establecido na convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia, así como na convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador, ámbalas dúas publicadas mediante as respectivas resolucións do 17 de decembro de 2010 (DOG de 29 de decembro de 2010), que todo aquel que o desexe poderá recoller a súa resolución, durante os días 16, 17, 20 e 21 de xuño, na sede da ACSUG, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A partir do día 22 de xuño de 2011 procederase ao seu envío por correo postal.

Publicación da composición da Comisión de Asesores Expertos de avaliación do Programa especial do PDI da Universidade de Vigo

30/05/2011

Acordo da Comisión Galega de Informes, avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 10 de maio de 2011, polo que se publica a composición da Comisión de asesores expertos constituídos ao abeiro do Convenio Específico de Colaboración entre a Universidade de Vigo e o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para a avaliación dos candidatos ao programa especial do PDI da Universidade de Vigo do 18 de decembro de 2008 en relación coa convocatoria do curso 2010/2011.

2ª convocatoria de Implantación do Programa DOCENTIA na USC: Xornada dirixida aos Comités de Avaliación

30/05/2011

O 27 de maio celebrouse na ACSUG unha xornada de formación dirixida aos membros dos Comités de Avaliación que participan na 2ª fase de Implantación do Programa DOCENTIA na Universidade de Santiago de Compostela.

Os obxectivos da xornada son dar a coñecer aos Comités o estado actual no que se atopa o Programa DOCENTIA a nivel galego e nacional, coñecer en detalle o manual de avaliación da actividade docente da USC e familiarizarse coa aplicación informática deseñada por ACSUG para o desenvolvemento deste programa.

Programa da Xornada

Ponencias

 

Programa FIDES-AUDIT. 4ª convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC

18/05/2011

Lánzase a cuarta convocatoria o día 12 de maio de 2011. O prazo de presentación de solicitudes de participación dos centros na mesma é ata o 6 de xuño. O prazo de presentación da documentación completa do SGIC do centro é ata o 19 de setembro de 2011.

Publicación da composición dos comités de asesores expertos de acreditación previa á contratación de profesorado

09/05/2011

Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 29 de marzo de 2011, polo que se publica a composición dos comités de asesores expertos constituídos ao abeiro das resolucións do 17 de decembro de 2010, que aproban, respectivamente, a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades de Galicia e a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador

Declaración Ambiental ACSUG 2010

08/03/2011

A ACSUG adaptou o seu Sistema de Xestión ambiental segundo a nova versión do Regulamento Europeo (CE) nº 1221/2009, de 25 de novembro de 2009, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS). A declaración ambiental do ano 2010 foi validada positivamente por AENOR.

Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 25 de xaneiro de 2011

04/03/2011

Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 25 de xaneiro de 2011, polo que se publica a composición dos comités de asesores expertos constituídos ao abeiro da resolución do 20 de outubro de 2010, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións previas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular.

A ACSUG participa na conferencia “Modeling and measurement of competencies in higher education" en Berlin

18/02/2011

Os días 24, 25 e 26 de febreiro, ten lugar a conferencia internacional “Modeling and Measurement of Competencies in Higher Education” en Berlín na que a ACSUG participa coa presentación do póster titulado “Inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia. Competencias requeridas no traballo actual”. Expertos de distintos países e disciplinas presentarán e discutirán o estado internacional das investigacións relacionadas coa medida das competencias na Educación Superior.

Protocolo de avaliación para a verificación de títulos universitarios oficiais

09/02/2011

No marco da “Red Española de Agencias de Calidad Universitaria” (REACU) elaborouse e aprobouse o “Protocolo de evaluación para la verificación de títulos universitarios oficiales”. Desta maneira dáse cumprimento ao requisito legal polo cal as axencias, que emiten informes de avaliación previos á verificación dos títulos oficiais, deben consensuar un protocolo común (Art. 24.3, RD 861/2010). Este protocolo céntrase nos criterios e directrices mínimos que cada proposta de título ten que conter e complementarase coas guías que cada unha das axencias desenvolva para abordar cun maior detalle o proceso de avaliación

Xornada de formación para o manexo da aplicación RUCT do Ministerio de Educación

25/01/2011

O próximo luns 1 de febreiro a ACSUG, en colaboración coa EGAP, celebrará unha xornada de formación sobre o manexo da aplicación RUCT do Ministerio de Educación para todo aquel persoal das universidades do SUG implicado na introducción de novas propostas de títulos oficiais ou modificacións dos plans de estudo xa verificados. Máis información