Actualidade

Informes finais seguimento.

10/12/2012

Convocatoria ordinaria 2012 para os complementos de recoñecemento á execelencia curricular docente e investigadora.

15/11/2012

Con data 15 de novembro de 2012 publícase a Resolución do 01 de outubro, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes remata o día 15 de decembro de 2012.
Ampliar Nova

Convocatoria ordinaria 2012 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión.

15/11/2012

Publícase hoxe, 15 de novembro de 2012, a Resolución do 28 de setembro de 2012, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá día 16 de novembro e remata o día 15 de decembro de 2012.
Ampliar nova

Convocatoria ordinaria do ano 2012 para os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador.

02/11/2012

Publícase hoxe 2 de novembro de 2012 a Resolución do 28 de setembro de 2012, que aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de decembro de 2012.
Ampliar nova

II Seminario de formación de avaliadores da ACSUG

19/10/2012

Co obxectivo de dar a coñecer os procedementos de avaliación da calidade do profesorado y das ensinanzas universitarias, ACSUG organiza un Seminario dirixido ao profesorado e estudantado da Universidade de A Coruña, así como a profesionais dos distintos sectores empresariais, interesados en participar nos procesos de avaliación externa. O Seminario terá lugar os días 29 e 30 de outubro no Centro Universitario de Riazor

Programa
Formulario de inscrición

II Seminario de formación de avaliadores da ACSUG

19/10/2012

Co obxectivo de dar a coñecer os procedementos de avaliación da calidade do profesorado y das ensinanzas universitarias, ACSUG organiza dous seminarios dirixidos ao profesorado e estudantado, así como a profesionais dos distintos sectores empresariais, interesados en participar nos procesos de avaliación externa. Os Seminarios terán lugar:

  • 26 e 27 de setembro na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (USC)
  • 2 e 3 de outubro no Edificio de Facultades do Campus de Ourense (UVIGO)

Programa
Formulario de inscrición

Comunicación dos resultados da avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á contratación excepcional de colaboradores 2012

23/07/2012

Comunícase a todos os que solicitasen a avaliación ou informe nesta convocatoria, que poderán recoller a súa resolución na sede de la ACSUG, do 24 ao 31 de xullo de 2012. A partir desta data procederase ao envío postal das resolucións.

Verificación dos programas oficiais de doutoramento.

26/06/2012

Avaliación dos centros universitarios da Universidade de San Martín de Porres en Perú

31/05/2012

A ACSUG está levando a cabo un proceso de avaliación de centros universitarios da Universidade de San Martín de Porres (USMP) de Perú.

Ampliar información

IX Foro sobre avaliación da calidade da investigación e da educación superior (FECIES)

29/05/2012

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia colabora na organización do IX FORO SOBRE AVALIACIÓN DA CALIDADE DA INVESTIGACIÓN E DA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES)

Ampliar información

Publicación comités de asesores expertos – Complementos excelencia 2011

25/05/2012

Tendo en conta as competencias outorgadas pola normativa de aplicación, a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) procede á publicación da composición dos comités de asesores expertos constituídos ao abeiro da convocatoria aprobada por resolución de 10 de novembro de 2011 (DOG do 1 de decembro), para a avaliación previa a asignación do complemento de recoñecemento á excelencia curricular.

Convocatoria de avaliación previa á contratación de profesorado e informe previo á contratación excepcionar de colaboradores

07/05/2012

CONVOCATORIA: AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DO PROFESORADO UNIVERSITARIO POLAS UNIVERSIDADES DO SUG

  • Solicitude para a avaliación previa á contratación do profesorado universitario polas universidades do SUG. A través da Resolución do 26 de marzo de 2012 ( DOG do 4 de maio de 2012) , apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

CONVOCATORIA: AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO INFORME PREVIO Á CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE PROFESORADO COLABORADOR POLAS UNIVERSIDADES DO SUG

  • Solicitude para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do SUG. A través da Resolución do 26 de marzo de 2012 ( DOG do 4 de maio de 2012), apróbase a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

 

  • ACCESO Á APLICACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE . Poderá solicitar calquera destas dúas avaliacións a través dunha mesma aplicación informática; é por iso que, só terá que rexistrarse unha única vez.
  • Preguntas frecuentes (facilita a resolución das dúbidas máis sinxelas sobre calquera destes dous procedementos)
  • O prazo para a presentación de solicitudes para ámbas as dúas convocatorias remata o día 4 de xuño de 2012.

Participación de ACSUG no Proxecto Piloto de Acreditación en Asia Central

25/04/2012

A ACSUG participa no Proxecto Piloto de Acreditación en Asia Central, actividade englobada dentro do proxecto Tempus da Unión Europea relacionado coa Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA).

A ACSUG participa na avaliación das seguintes universidades de Tajikistán:

  • Khujand State University.
  • Tajik State University of Commerce en Dushanbe.

A ACSUG renova as certificacións do seu Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente nas normas ISO 9001:2008 e ISO 14001:2004 ata 2015

11/04/2012

A empresa AENOR levou a cabo en Xaneiro de 2012 a auditoría externa de renovación da certificación do sistema de xestión da ACSUG. Como consecuencia da auditoría, a ACSUG conseguiu a renovación por 3 anos máis (ata 2015), das certificacións nas normas ISO 9001:2008 e ISO 14001:2004. Ao ser AENOR membro de IQNet, as certificacións obtidas son recoñecidas internacionalmente.

Publicación comités de asesores expertos – Acreditación 2011

10/04/2012

Tendo en conta as competencias outorgadas pola normativa de aplicación, a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) procédese á publicación da composición dos comités de asesores expertos constituídos ao abeiro coas convocatorias publicadas o 19 de setembro de 2011 (DOG de 28 de setembro de 2011), de avaliación ou o informe previos á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas 2010

13/03/2012

ANECA e as axencias de calidade autonómicas publican o informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas correspondente ao ano 2010.

Notificación das resolucións: Avaliación previa á contratación de profesorado contratado doutor, axudante doutor, de universidade privada e colaborador

07/03/2012

Infórmase a todos aqueles que, de acordo coas convocatorias publicadas o 19 de setembro de 2011 (DOG de 28 de setembro de 2011), solicitasen a avaliación ou o informe previos á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia, que poderán recoller as súas resolucións na sede da ACSUG ata o día 15 de marzo de 2012 en horario de 9:00 a 14:00 horas. A partir deste día procederase ao seu envío por correo postal.

Convocatoria do Programa Especial de Promoción do persoal docente e investigador da Universidade de Vigo (Curso 2011/2012)

29/02/2012

O Regulamento de Profesorado da Universidade de Vigo estableceu os obxectivos e as características xerais dos programas de promoción do persoal docente e investigador. O Consello de Goberno é, en función das dispoñibilidades orzamentarias e da existencia de programas e incentivos a nivel estatal e autonómico, quen fixa as condicións para a creación das prazas. O Consello de Goberno determinará, mediante unha convocatoria anual, a asignación das prazas tendo en conta méritos docentes, investigadores e de xestión, e atendendo a criterios de diversidade.

A Universidade de Vigo está interesada en contar coa colaboración da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia), como entidade externa de referencia, para a avaliación dos méritos dos investigadores e das investigadoras participantes nas convocatorias anuais do Programa Especial de Promoción do PDI para o que se asinou un convenio de colaboración para a avaliación dos méritos curriculares dos candidatos.

A ACSUG pon a disposición da Universidade de Vigo unha aplicación telemática aos efectos de que os investigadores e as investigadoras participantes na convocatoria anual do Programa Especial de Promoción de PDI da Universidade de Vigo, presenten o seu curriculum vitae. Os e as solicitantes deberán aterse ao modelo de curriculum vitae solicitado na aplicación da ACSUG.

Formalización das solicitudes

(Base 6ª da convocatoria)

6.1. As solicitudes serán cumprimentadas por vía telemática usando os medios dispoñibles en http://www.acsug.es. As solicitudes deberán aterse ao modelo de currículum vitae solicitado na aplicación da ACSUG e achegar a documentación correspondente no formato que se indique. No caso de documentos aportados en soporte electrónico, a Universidade poderá solicitar as persoas solicitantes orixinal ou copia compulsada en calquera momento previo á resolución da convocatoria.

6.2. Adicionalmente, a instancia xerada pola aplicación referida no apartado 6.1, dirixida ao Reitor da Universidade de Vigo, será asinada polo solicitante e presentada no prazo e lugar referido nos apartados 6.3 e 6.4 respectivamente. Xunto coa dita instancia deberá achegarse:

  1. Copia da certificación da acreditación para o corpo de Profesores Titulares de Universidade e/ou de Profesorado Contratado Doutor.
  2. No seu caso, copia da documentación que acredite avaliación positiva en programas de estabilización de profesorado universitario (incluídos I3 e Manuel Colmeiro).

A publicación nos rexistros xerais da Universidade de Vigo dos actos que integran este procedemento servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto na Lei 30/1992. Simultaneamente serán publicados na WEB da Universidade de Vigo.

6.4. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario 36310-Vigo), nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Ourense, campus de Pontevedra e Rúa Torrecedeira nº 86 de Vigo) ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. No estranxeiro, as solicitudes poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

6.5. O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de marzo de 2012 ao 16 de abril de 2012.

Normativa (Convocatoria completa)

Xustificación dos méritos curriculares.

  • Os xustificantes achegados deberán acreditar adecuadamente a realización dos méritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, os méritos que se relacionan a continuación, soamente serán tidos en conta cando se xustifiquen do seguinte xeito:
    • A docencia universitaria regrada xustificarase mediante un certificado da Secretaría Xeral ou da correspondente Vicerreitoría da universidade na que se prestase aquela, no que deberán constar as materias e o número de créditos impartidos.
    • O expediente académico xustificarase a través dun certificado expedido pola autoridade competente, no que figurará a nota media calculada segundo o sistema establecido no Real Decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
    • Os cursos e masters recibidos xustificaranse co correspondente certificado no que conste o número de horas dos mesmos.
    • As bolsas e as axudas deberán de acreditarse a través da credencial emitida polo seu organismo pagador.
    • Os proxectos e contratos de investigación competitivos e non competitivos xustificaranse coa documentación na que conste a súa concesión por parte do organismo pagador, as características, o posto ocupado como membro do proxecto e o seu carácter internacional, nacional, autonómico, interuniversitario ou interdepartamental.
    • A actividade profesional desenvolvida xustificarase prioritariamente coa presentación da copia dos correspondentes contratos de traballo e o certificado de vida laboral da Seguridade Social.
    • Os libros, artigos e demais publicacións xustificaranse mediante a copia da primeira e última folla, o índice e a folla onde figure o ISBN, ISSN, Depósito Legal, etc.
    • No caso de publicacións telemáticas, se son de libre acceso, sinalarase o modo de acceso. En caso contrario xuntarase a copia da primeira e última folla do artigo, índice e folla onde figure o ISSN.
    • No caso de traballos aceptados e pendentes de publicación xustificarase cun certificado da editorial ou organismo responsable da publicación.
  • A xustificación dos méritos curriculares farase en formato electrónico, a través da aplicación informática para o cal en cada un dos apartados do curiculum vitae hai un campo "Xustificante" para xuntar os documentos acreditativos en formato pdf (Máximo 2 Mb por arquivo). A xustificación da condición de Profesor Contratado Doutor, Profesor Titular de Universidade, I3 e/ou Manuel Colmeiro terá que presentarse en papel xunto coa solicitude.

Presentación da publicación "Estudo da Inserción Laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2007-2008"

20/02/2012

O luns día 27 de febreiro ás 11:00 horas na sede da ACSUG terá lugar a presentación da publicación: ”ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2007-2008”. Esta presentación será realizada pola dirección da ACSUG e a Secretaría Xeral de Universidades, coa participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 na ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: porcentaxe de titulados traballando, vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.

Convocatoria Ordinaria 2011 para os Complementos de recoñecemento polos cargos de xestión

27/01/2012

A través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 27 de xaneiro de 2012) , apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais, relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá día 28 de xaneiro e termina o día 27 de febreiro de 2012.

Corrección de erros: Convocatoria ordinaria do 2011 para os Complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador

11/01/2012

Publícase hoxe 11/01/2012 a corrección de erros relativa aos anexos da Resolución do 10/11/2011, que aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, publicada o 04/01/2012.

Ista rectificación fai referencia aos anexos incorporados á resolución publicada no DOG do 04/01/2012, pero non afecta ás instancias (anexos) emitidas pola aplicación informática, que se entenderán válidas a todos os efectos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de febreiro de 2012

Verificación de Másteres Oficiais de Avogacía e Procuradoría

10/01/2012

A REACU (Red Española de Agencias de Calidad Universitaria) publica o documento coas Orientacións para a elaboración das memorias de verificación de Másteres oficiais de avogacía e procuradoría. Nel se recollen as pautas básicas para a preparación de propostas de títulos universitarios oficiais de Máster relacionados co acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais, tomando como referencia o establecido no Real Decreto 775/2011.

Convocatoria Complementos retributivos ao labor docente e ao labor investigador 2011

04/01/2012

A través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 04 de xaneiro de 2012), apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación das retribucións adicionais, relativas ó complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 03 de febreiro de 2012.

Tendo en conta o carácter individual e consolidable dos complementos, OS PROFESORES AOS QUE XA SE LLES CONCEDERA EN ANTERIORES CONVOCATORIAS A VALORACIÓN POSITIVA POR PARTE DA ACSUG, NON TERÁN QUE VOLVER A SOLICITALA .