Actualidade

Publicación informe ICU 2019

29/12/2020

Como cada ano ANECA, en colaboración coas axencias de calidade autonómicas, publica o Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas correspondente ao ano 2019.

O obxectivo destes informes, que se veñen realizando anualmente desde 2006, é amosar unha visión global do sistema universitario español desde a perspectiva das actividades que realizan as axencias de calidade.

ACSUG aceptada como membro de INQAAHE

18/12/2020

ACSUG foi aceptada en outubro de 2020 como membro do International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE). Desta forma ACSUG aposta pola proxección internacional, reforzando a participación que xa viña realizando noutras organizacións como EQAR, ENQA e ECA, todas elas establecidas a nivel europeo.

Ademais, ACSUG asistiu á súa primeira xuntanza do INQAAHE, organizada de forma online debido á situación provocada pola COVID-19.

Participación de ACSUG nos grupos de traballo de ECA

14/12/2020

ACSUG, que pertence ao Consorcio Europeo de Acreditación (ECA) desde 2013, seguiu colaborando activamente en 2020, por medio de Luis Velón (coordinador de actividades internacionais) no grupo de traballo sobre recoñecemento mutuo e títulos conxuntos e no grupo de traballo sobre innovación no aseguramento da calidade e acreditación.

ACSUG asistiu ao EQAF online de 2020

24/11/2020

ACSUG asistiu ao 2020 European Quality Assurance Forum (EQAF), que tivo lugar entre o 10 e o 13 de novembro de 2020. O EQAF é un foro anual que permite o intercambio de experiencias sobre educación superior por parte de todos os grupos de interese: alumnado, universidades, axencias de calidade universitaria, etc. Este ano o foro organizouse por primeira vez de forma online debido á situación provocada pola Covid-19.

ACSUG participou en varios seminarios e na Asemblea Xeral de ENQA, celebrados de forma online en outubro de 2020

18/11/2020

ACSUG participou en outubro de 2020 nos seguintes eventos organizados por ENQA:

  1. 21/10/20. Webinar sobre o Proceso de Bolonia. Neste seminario presentouse un resumo do Informe de Implementación do Proceso de Bolonia, publicado en 2020.

  2. 22/10/20: ENQA Online General Assembly. Durante a reunión foron tratados importantes temas, como a admisión e reconfirmación de membros, aprobación do informe de actividades 2019/2020 e tamén do plan de traballo e orzamento de cara ao 2021.

  3. 23/10/20. Webinar sobre o uso de indicadores na Educación Superior. Neste evento presentáronse as principais conclusións dun estudo levado a cabo pola Asociación Europea de Universidades (EUA), sobre como os indicadores son usados nos rankings, e no aseguramento externo da calidade en xeral.

Reunión Universidades ACSUG

22/10/2020

O 20 de outubro celebrouse unha reunión na que participaron responsables das tres universidades do SUG (Vicerreitores/as e representantes das Áreas Técnicas de Calidade e das Escolas de Doutoramento) e a Unidade de Programas de ACSUG. O obxectivo da reunión foi acordar a planificación de traballo para o curso 2020-2021 en canto a avaliación de títulos (verificación, modificación, acreditación e seguimento) e a avaliación de centros (sistemas de garantía de calidade e acreditación institucional).

Proceso de Acreditación Internacional na Universidade Anáhuac Cancún (UAC) en México.

02/10/2020

A Licenciatura en Arquitectura da Universidade Anáhuac Cancún (UAC) de México foi acreditada por ACSUG despois de superar un proceso de avaliación internacional.

O proceso de avaliación, levado a cabo por unha comisión de expertos nomeada por ACSUG, incluíu unha visita presencial ás instalacións da universidade en novembro de 2019.

O informe final favorable emitiuse en xullo de 2020 e o recoñecemento ten unha validez de 5 anos.

Reunión virtual co Ministro de Universidades

12/09/2020

As axencias españolas de avaliación celebraron unha reunión virtual co Ministro de Universidades o pasado día 9, co fin de asegurar a avaliación da calidade universitaria no curso 2020-2021, trala pandemia orixinado pola COVID-19. Tras a devandita reunión, os directores que forman parte da rede española de axencias de calidade universitarias (REACU) elaboraron un documento que xa foi remitio á CRUE a ao Ministerio de Universidades, que se axunta neste enlace

Primeiras visitas virtuais de renovación da acreditación de títulos e de certificación de sistemas de garantía de calidade

30/07/2020

Ao longo de mes de xullo, ACSUG, en colaboración coas universidades do SUG, levou a cabo as primeiras visitas virtuais de renovación da acreditación de títulos e de certificación de sistemas de garantía de calidade. Todas as visitas se realizaron tendo en conta os protocolos elaborados por ACSUG para tal fin (títulos e centros), que garanten os mesmos estándares de calidade que se establecen nas visitas presenciais. Os títulos e centros avaliados foron:

Títulos:

  • Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (UVigo)
  • Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmico e Reoloxía (UDC)

Centros:

  • Facultade de Economía e Empresa (UDC)
  • Facultade de Informática (UDC) • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (USC)
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (USC)

Reunión anual online de ECA de 2020

23/07/2020

O 16 de xuño de 2020 levouse a cabo por videoconferencia a reunión anual de 2020 do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA). ACSUG, que pertence ao organismo desde 2013, estivo representada por Luis Velón, un dos seus técnicos, quen ademais forma parte do Comité de Finanzas do Consorcio desde 2019.

I Congreso Caribeño de Investigación Educativa. Repensando la formación de los profesionales de la educación

22/07/2020

ACSUG participa como institución colaboradora no I Congreso Caribeño de Investigación Educativa. Repensando la formación de los profesionales de la educación, que se celebrará en Santo Domingo, República Dominicana, o 4 e 5 de novembro de 2020 en Modalidade Virtual.

O obxectivo principal de este evento académico é articular, colectivamente, estratexias para fortalecer a acción pedagóxica e investigativa para a transformación social en aras de elevar a calidade educativa.

Este encontro está dirixido a investigadores, profesionais da educación, docentes, directivos de institucións académicas, funcionarios e técnicos gobernamentais en educación interesados en compartir e debater investigacións, innovacións e experiencias educativas.

Convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratacion do profesorado universitario polas universidades do SUG.

13/07/2020

Con data do 13 de xullo de 2020 publícase no DOG a Resolución do 1 de xullo de 2020 da Presidenta da ACSUG, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2020 (código de procedemento ED702B).

Consonte ao disposto na base terceira desta convocatoria, as solicitudes deberán presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, conforme co establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Para o cal, primeiro deberá ser cuberta na aplicación de ACSUG e despois ser presentada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Participación de ACSUG nunha consulta online a membros de ENQA

13/07/2020

O coordinador de relacións internacionais de ACSUG participou activamente durante os meses de maio e xuño de 2020 na consulta online organizada por ENQA sobre os resultados da revisión externa dos procedementos que ENQA utiliza na avaliación das axencias.

O proceso incluíu tres xuntanzas online, tratando diferentes aspectos:

  • 14/05/2020: Obxectivos das avaliacións de ENQA.
  • 04/06/2020: Aseguramento da calidade interna das avaliacións levadas a cabo por ENQA.
  • 08/06/2020: Temas relacionados cos Comités de Avaliación (composición e funcións, etc).

Durante as xuntanzas producíronse interesantes debates e as persoas participantes comunicaron ideas para mellorar os procedementos de avaliación de ENQA.

Participación de ACSUG en varios Webinars

07/07/2020

A situación provocada pola COVID-19 incidiu na planificación inicialmente prevista de distintas reunións e actividades a nivel internacional.

Sen embargo, véñense organizando no seu lugar distintos Webinars, aos que está asistindo activamente persoal de ACSUG e que permiten manter o contacto con outras axencias e organismos, así como intercambiar experiencias e boas prácticas moi interesantes na situación excepcional actual. Os Webinars nos que participou ACSUG ata o momento foron os seguintes:

Un técnico de ACSUG participa por primeira vez nun comité externo de ENQA

29/06/2020

Luis Velón, técnico de calidade e relacións internacionais de ACSUG formou parte do comité nomeado por ENQA para a avaliación externa da axencia THEQC de Turquía. O proceso transcorreu desde setembro de 2019 ata abril de 2020, data na que o Board de ENQA, analizando o informe final do comité, aceptou a THEQC como membro da Asociación Europea de Axencias de Calidade Universitaria. O proceso de avaliación, que incluíu unha visita presencial a Ankara en decembro de 2019, levouse a cabo seguindo os “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior” (ESG).

ACSUG participou na Asemblea Xeral de ENQA, celebrada de forma online o 29 de abril de 2020

29/06/2020

O Director e o Coordinador de Relacións Internacionais de ACSUG asistiron á Asemblea Xeral de ENQA, realizada de forma online o 29 de abril de 2020, en substitución do ENQA Members Forum que debía celebrarse na mesma data en Estambul (Turquía) e que foi cancelado debido á crise da COVID-19.

Durante a reunión foron tratados importantes temas, como a admisión e reconfirmación de membros, a versión consolidada do Plan Estratéxico 2021-2025, información sobre as finanzas da asociación, modificación dos estatutos, así como as variacións no proceso de inscrición dos membros de ENQA, o cal implica tamén un intercambio de roles entre EQAR e ENQA nos procesos de avaliación.

ACSUG renova a súa inscrición no rexistro europeo de axencias de calidade (EQAR)

25/06/2020

O comité de rexistro do EQAR decidiu na súa xuntanza de marzo de 2020 que ACSUG segue cumprindo cos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior” tras superar novamente un proceso de avaliación externo.

Esta é a terceira vez que ACSUG é avaliada positivamente polo EQAR, estando inscrita no rexistro de maneira ininterrompida desde o 2010. Como resultado desta nova renovación, a inscrición de ACSUG no EQAR ten validez ata o 2024.

Levantamento de suspensión de prazos

29/05/2020

Está previsto que o vindeiro luns 1 de xuño de 2020 se reanuden os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos administrativos, como consecuencia do levantamento da suspensión de términos e da interrupción de prazos administrativos, establecida polo Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, do estado de alarma.

Consecuentemente, en aplicación do establecido nas resolucións de 19 de febreiro de 2020 e 20 de febreiro de 2020, polas que se aprobaron as convocatorias ordinarias para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ó complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e ó complemento de recoñecemento de labor docente e labor investigador, correspondentes ós procedementos ED701C e ED701B, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro día 15 de xuño.

Resolución presidenta ACSUG acordando a apertura dos formularios na sede eléctronica para os procedementos ED701B e ED701C

23/04/2020

Resolución de 22 de abril de 2020, da Presidenta de ACSUG, pola que se acorda manter a operatividade dos formularios normalizados na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para a presentación das solicitudes relativas aos procedementos ED701B (complementos de recoñecemento á labor docente e á labor investigadora) e ED701C (complemento de recoñecemento polos cargos de xestión), en tanto estea vixente o estado de alarma.

Ábrense os modelos de solicitude na Sede Electrónica da Xunta de Galicia correspondentes aos procedementos ED701B e ED701C, permitindo que os interesados que así o desexen, poidan seguir presentando as súas solicitudes durante o estado de alarma, sen que isto supoña a continuación do procedemento.

O cómputo dos prazos destes procedementos reanudarase no momento en que dito estado de alarma ou, no seu caso, as súas prórrogas, perdan vixencia.

Recomendacións da conferencia general de política Universitaria

16/04/2020

O pasado día 15 de abril, reuniuse a Conferencia General de Política Universitaria e fixou unha serie de recomendacións que recollemos no documento adxunto

Actuacións da ACSUG ante a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 no que se refire aos programas de avaliación de títulos e centros

16/04/2020

A ACSUG, seguindo as directrices da REACU publicadas o 3 de abril de 2020 ante a situación de excepción provocada polo COVID-19 e as instrucións do 6 de abril de 2020 da Secretaría Xeral de Universidades de aseguramento da calidade da docencia non presencial nas universidades do Sistema universitario de Galicia, así como os comunicados e documentos das autoridades educativas, elabora este documento con instrucións e actuacións a desenvolver mentres dure esta situación excepcional, co obxectivo de dar resposta ás dúbidas xeradas sobre o estado dos programas de avaliación de títulos e centros do SUG

Instrución da Secretaría Xeral de Universidades de aseguramento da calidade universitaria

08/04/2020

A Secretaría Xeral de Universidades, tras a reunión celebrada o día 6 cos reitores das universidades galegas e co director da ACSUG, emitiu unha instrución para asegurar a calidade da docencia non presencial nas tres universidades galegas, cuxo texto recollemos no anexo.

Instrucións do 6 de abril de 2020 da Secretaría Xeral de Universidades de aseguramento da calidade da docencia non presencial nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Reunión da REACU por videoconferencia

04/04/2020

No día de hoxe, 03.04.2020, ante a excepcional situación creada en España pola expansión do COVID-19, as Axencias españolas para a calidade universitaria celebraron unha reunión por videoconferancia coa presencia dos directores de todas elas para considerar  o estado no que se atopa a ensinanza universitaria motivado pola suspensión da actividade presencial, co fin de colaborar entre todos e de establecer un marco de actuación común das propias universidades.

En dita reunión, chegouse a unha serie de acordos que se explicitan no documento adxunto que foi publicado pola propia REACU.

Novidades pola situación actual do coronavirus (COVID-19)

13/03/2020

Atendendo ao disposto na RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, infórmase da suspensión, ata nova orde, de toda a actividad presencial de ACSUG. O persoal de ACSUG exerce as súa funcións mediante TELETRABALLO. As consultas á axencia realizaranse por medios electrónicos nos enderezos contidos no seguinte enlace: DIRECTORIO.

Convocatoria ordinaria 2019 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión.

02/03/2020

Publícase hoxe, 2 de marzo de 2020, a Resolución del 19 de febrero de 2020, pola que se aproba a convocatoria ordinaria, correspondente ao 2019, para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Resolución presidenta ACSUG acordando a apertura dos formularios na sede eléctronica para os procedementos ED701B e ED701C

Acceso á aplicación para cumplimentar a solicitude e os anexos.

Debido á situación actual provocada polo Coronavirus (COVID-19) e a regulación establecida polo goberno de Galicia, as consultas á axencia tramitaranse a traves dos seguintes enderezos electrónicos:

Se a consulta fose relativa a problemas derivados coa presentación da solictude no rexistro electrónico da sede Xunta. deberan tramitarse a traves do teléfono 012.

Resolución presidenta ACSUG acordando a apertura dos formularios na sede eléctronica para os procedementos ED701B e ED701C

O novo prazo remata o 15 de xuño de 2020.

Convocatoria ordinaria 2019 para os complementos de recoñecemento á labor docente e á labor investigadora.

02/03/2020

Publícase hoxe, 2 de marzo de 2020, a Resolución del 20 de febrero de 2020, pola que se aproba a convocatoria ordinaria, correspondente ao 2019, para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á labor docente e á labor investigadora e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Acceso á aplicación para cumplimentar a solicitude e os anexos.

Debido á situación actual provocada polo Coronavirus (COVID-19) e a regulación establecida polo goberno de Galicia, as consultas á axencia tramitaranse a traves dos seguintes enderezos electrónicos:

Se a consulta fose relativa a problemas derivados coa presentación da solictude no rexistro electrónico da sede Xunta. deberan tramitarse a traves do teléfono 012.

Resolución presidenta ACSUG acordando a apertura dos formularios na sede eléctronica para os procedementos ED701B e ED701C

O novo prazo remata o 15 de xuño de 2020.

Presentación do Índice de Inserción Laboral das Titulacións de Grao (IIL) do Sistema Universitario de Galicia (SUG)

02/03/2020

A presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Patrocinio Morrondo, o seu director Eduardo López Pereira e o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, presentaron hoxe o Índice de Inserción Laboral das Titulacións de Grao (IIL) do Sistema Universitario de Galicia (SUG), un indicador de adaptación das diferentes carreiras ao mercado laboral, elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre información primaria da propia Axencia. O obxectivo principal deste indicador é facilitar ao futuro estudantado universitario e ás súas familias unha maior información para a elección de estudos de grao en Galicia. A información baséase nos datos recollidos no Estudo da inserción laboral dos titulados do SUG no curso 2013/2014.

Índice de Inserción Laboral (IIL) das titulacións do SUG

Xornada de formación para avaliadores de títulos

27/02/2020

O 10 de febreiro de 2020 celebrouse na sede de ACSUG unha Xornada de Formación para as Comisións de Avaliación que participan nos procesos de verificación, modificación, seguimento e acreditación de títulos oficias do Sistema Universitario de Galicia. Na xornada participaron un total de 17 avaliadores entre vogais académicos, profesionais e estudantes.

Programa da xornada

 

Convocatoria ordinaria de 2019 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora

12/02/2020

Publícase hoxe 12 de febreiro de 2020, a Resolución do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro de 2020) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación de retribucións adicionais relacionadas co complemento de recoñecemento ao excelencia curricular docente e investigadora.

O prazo de presentación de solicitudes será do 13 de febreiro ao 11 de marzo de 2020, (ambos incluídos)

IMPORTANTE

De acordo co establecido na convocatoria, a solicitude (anexo III) debe cubrirse electrónicamente no modelo dispoñible na aplicación informática ACSUG.

De conformidade co disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as solicitudes deberán xerarse (en formato PDF) na aplicación ACSUG: http://www.acsug.es/ chama-abertas.

Unha vez que se xera este PDF, debe enviarse a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701A

En caso de duda, dificultades técnicas o necesidad de más información durante el proceso de obtención de los formularios en la sede electrónica, se podrán dirigir al teléfono de información 012 o al correo electrónico 012@xunta.gal.

ACSUG renova por terceira vez a súa acreditación por ENQA

20/01/2020

O director de ACSUG asistiu á asemblea xeral de ENQA, que se celebrou en Erevan, os días 17 e 18 do mes de outubro, e que contou na súa apertura coa presencia do ministro de educación daquel país.

Na asemblea foi aprobado o informe emitido polo board de ENQA renovando, por terceira vez, a acreditación da ACSUG, o que confire á axencia competencias para a verificación e acreditación de títulos universitarios, tanto de grado como de máster e de doutoramento. Desta forma, ACSUG pasa a formar parte do grupo de 15 axencias que foron acreditadas por terceira vez entre as 58 axencias consideradas full member y as máis de 50 affiliates.

Nesta xuntanza de ENQA en Erevan levouse a cabo tamén un foro no que, ademais das conferencias xerais, amosáronse diversos pósters temáticos, entre eles o que presentou o técnico de ACSUG, Luis Velón, sobre os estudos de inserción laboral que ven realizando a axencia desde o ano 2001 e o impacto e importancia que ten a información recompilada para a mellora do Sistema Universitario en Galicia.