Actualidade

Reunión ordinaria do Consello Reitor de ACSUG

18/12/2018

ACSUG celebrou no día de onte a segunda reunión anual do Consello Reitor, segundo é preceptivo, no que se trataron diversos puntos relacionados coas actividades realizadas durante o ano 2018 e analizáronse as actividades para desenvolver en 2019.

Por primeira vez asistiu a esta reunión a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dra. Carmen Pomar Tojo, co secretario xeral de universidades, así como os reitores das tres universidades, vicerreitor da USC e vicerreitora da UDC, o secretario xeral da UVigo, responsables da calidade docente nas súas universidades e o presidente do Consello Social da Uvigo. Ademais das autoridades académicas das tres universidades, estiveron presentes os representantes de Consellería de Facenda e de Economía, así como os representantes do profesorado e do estudantado.

Na reunión fíxose un repaso das actividades desenvoltas por ACSUG neste ano 2018 e se expuxeron e aprobaron as que se van a levar a cabo no 2019. Así mesmo, o director de ACSUG informou de diversos convenios asinados con universidades de México, Perú e República Dominicana para levar a cabo a avaliación de diversas universidades nos devanditos países. Tras a exposición e aprobación do sistema de xestión interno de ACSUG en 2018, foi aprobado tamén o proxecto do orzamento para o ano 2019

    

ECA autumn seminar 2018

17/12/2018

O días 29 e 30 de novembro de 2018 levouse a cabo en Praga (República Checa) o autumn seminar do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA). A ACSUG, que pertence ao organismo desde o 2013, estivo representada por un dos seus técnicos, e participou, como ven sendo habitual, na reunión xeral do organismo e nas xuntanzas do grupo de traballo sobre recoñecemento mutuo e títulos conxuntos e do grupo de traballo sobre innovación no aseguramento da calidade e acreditación.

  

Programa FIDES-AUDIT. Fase de certificación da implantación dos Sistemas de Garantía de Calidade

17/12/2018

Publícase a convocatoria para a solicitude de participación dos centros no proceso de Certificación da Implantación dos Sistemas de Garantía de Calidade.

O prazo para o envío das solicitudes comeza o día 18/12/2018 e finaliza o 21/01/2019.

As universidades interesadas deberán cubrir a solicitude de participación.

Visita do director da Axencia de Calidade e Prospectiva de Aragón (ACPUA) á ACSUG

22/11/2018

O día 30 de outubro de 2018, o Director de ACPUA Antonio Serrano visitou a ACSUG para comentar a experiencia da súa axencia no proceso de avaliación externo por parte de ENQA, con respecto aos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior” do ano 2015.

Durante a xuntanza, Antonio Serrano comentou co Director e persoal da ACSUG aspectos moi interesantes do proceso de avaliación, así como exemplos das evidencias e requisitos máis concretos establecidos nos Criterios Europeos.

A ACSUG, membro de pleno dereito de ENQA desde o ano 2009, está actualmente inmersa, tras 5 años desde a última avaliación externa por parte de ENQA (2014), nun novo proceso de avaliación internacional, polo que toda a información relacionada é de gran utilidade no proceso.

ACSUG participa en varios talleres formativos en ISFODOSU (Santo Domingo)

14/11/2018

Dando cumprimento ao establecido no convenio de colaboración asinado co Instituto Superior de Formación Docente Salomé Ureña (ISFODOSU), ACSUG participou, entre os días 6 e 8 de novembro, en varios talleres formativos sobre o deseño e a implantación dun Sistema de Garantía de Calidade. O director da Axencia, José Eduardo López Pereira, foi invitado a pronunciar unha conferencia sobre A investigación como factor de calidade na universidade española con motivo do lanzamento do portal web da Revista Caribeña de Investigación Educativa (RECIE) dedicada á publicación de artigos académicos sobre formación docente, deseño curricular, diagnóstico educativo, políticas educativas nacionais e internacionais, procesos efectivos de ensinanza e aprendizaxe en contornas de vulnerabilidade.

Durante esta visita a Santo Domingo el Director de ACSUG, asinou un novo convenio de colaboración coa Universidad Federico Hernríquez y Carvajal (UFHEC) para apoiala nos procesos de mellora da calidade.

         

   

​ Proceso de Acreditación Internacional na Universidade Anáhuac-Cancún (UAC) en México

13/11/2018

A Comisión de Avaliación nomeada por ACSUG desprazouse á Escola de Negocios da UAC os días 29, 30 e 31 de outubro de 2018 con motivo da avaliación das catro licenciaturas da Escola:

  • Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas

  • Licenciatura en Finanzas e Contaduría Pública

  • Licenciatura en Mercadotecnia

  • Licenciatura en Negocios Internacionais

Trala visita elaboraranse os correspondentes informes que serán emitidos a mediados do mes de decembro.

Xornadas "Empleabilidad e inserción laboral de los titulados universitarios" UIMP

13/11/2018

Os pasados días 29 e 30 de outubro, tiveron lugar no Club Financiero Atlántico da Coruña, as xornadas "Empleabilidad e inserción laboral de los titulados universitarios". Estas foron organizadas pola UIMP e dirixidas pola ACSUG.

    

Acreditación Institucional: 24 centros do SUG reciben informe favorable por parte de ACSUG

31/10/2018

O proceso de acreditación institucional de centros, regulado polo Real Decreto 420/2015, xorde como alternativa ao modelo de acreditación de títulos universitarios oficiais.

A Comisión de avaliación para a Acreditación Institucional (CAI) comprobou, na reunión celebrada o 18 de outubro de 2018, que 24 centros do SUG cumpren cos requisitos establecidos na Resolución de 7 de marzo de 2018, da Secretaría General de Universidades, para a obtención da acreditación institucional.

A obtención desta acreditación permite ao centro a renovación automática da acreditación de todas as súas titulacións por un período de cinco anos.

Xuntanza da Asemblea Xeral da REACU na sede de ACSUG

26/10/2018

O consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa condición de responsable da secretaría técnica da Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU), convocou o mércores 24 de outubro na sede de ACSUG unha xuntanza da Asemblea Xeral da REACU.

En dita reunión contouse con representantes das axencias de calidade catalana, castelán leonesa, andaluza, vasca, madrileña, valenciana, aragonesa, canaria, balear, de ANECA e de ACSUG. Participou ademais, como invitado, o Secretario General de Universidades D. José Manuel Pingarrón.

Tivo como puntos principais os seguintes:

  • Postura de REACU sobre los procesos de aseguramiento de la calidad en el Sistema Universitario Español y la reforma de la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales anunciada por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
  • Desarrollo del procedimiento de acreditación institucional de centros universitarios.
  • Desarrollo del procedimiento de seguimiento institucional de centros universitarios. • Propuestas sobre los procesos de evaluación para la renovación de la acreditación de títulos tras la renovación de su acreditación inicial (segundas y terceras vueltas).
  • Desarrollo del procedimiento de renovación de la acreditación de los programas de doctorado.
  • Debate y aprobación, si procede, del documento Propuestas de posibles temas para la elaboración de informes conjuntos que den cumplimiento al criterio 3.4 de los Criterios y Directrices Europeos para el Aseguramiento de la Calidad en Educación Superior “Thematic Analysis”.
  • Valoración de la integración transversal de la prevención de riesgos laborales en los planes de estudio en el ámbito de las acreditaciones y verificaciones de los títulos universitarios.
  • Informe de la DEVA-AAC sobre los recursos presentados por las Universidades andaluzas contra los informes desfavorables de verificación.

      

 

        

Publicación informe ICU 2017

25/10/2018

Como cada ano, ANECA e as axencias de calidade autonómicas publican o Informe sobre o estado da avaliación externa da calidade nas universidades españolas correspondente ao ano 2017.

O informe que aquí se presenta, que vén realizándose anualmente desde 2006, cumpre coa misión de informar ao Ministerio competente en materia de Universidades e aos diferentes axentes da sociedade, sobre o desenvolvemento dos procesos de avaliación, certificación e acreditación en España no ámbito da educación universitaria.

O obxectivo final destes informes é achegar unha reflexión que axude á toma de decisións sobre as principais accións de mellora necesarias para garantir a calidade do Sistema Universitario Español, cun enfoque especialmente dirixido ao servizo dos intereses dos estudantes e a sociedade.

A ACSUG participa no seminario para axencias en relación co proceso de avaluación externa de ENQA, en Riga (Letonia)

22/10/2018

A ACSUG participou os días 27 e 28 de setembro de 2018 nun seminario organizado por ENQA en Riga (Letonia), coa temática principal de todo o relacionado coa preparación das revisións externas cíclicas que teñen que levar a cabo as axencias de calidade universitaria (cada 5 anos) con respecto aos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior”.

As axencias participantes puideron intercambiar experiencias e ampliar coñecementos sobre os aspectos más críticos do proceso de avaliación internacional: realización da autoavaliación, preparación da visita externa, deseño das accións de mellora, etc.

A ACSUG, membro de pleno dereito de ENQA dende o ano 2009, está actualmente inmersa, tras 5 anos desde a última avaliación externa por parte de ENQA, nun novo proceso de avaliación internacional, polo que os coñecementos adquiridos durante o seminario son de gran utilidade neste proceso.

Xornada de empleabilidade e inserción laboral dos titulados universitarios

16/10/2018

A ACSUG colabora e participa no encontro de Empleabilidade e inserción laboral dos titulados universitarios

Resultados no SUG do “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2013-2014 (EIL1314)” do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

15/10/2018

O luns 17 de setembro, o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia presentou os resultados no SUG do ”Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2013-2014 (EIL1314)”. No acto participaron o Secretario Xeral de Universidades, Don José Alberto Díez de Castro, a presidenta da ACSUG, Dona María Patrocinio Morrondo Pelayo e o director da ACSUG, Don José Eduardo López Pereira.

Neste informe, presentáronse os resultados acadados na duodécima enquisa, realizada á poboación titulada no curso académico 2013-2014 en xullo de 2017, aproximadamente aos tres anos despois de rematar o título. A poboación obxecto de estudo está centrada na poboación universitaria titulada en graos principalmente, e títulos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías, enxeñarías técnicas, arquitectura e arquitectura técnica). Neste estudo detéctase un incremento na representatividade das tituladas e titulados en graos, en consonancia cos anos de implantación dos primeiros títulos de grao (2008-2009 e 2009-2010) froito do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), polo que practicamente ós 120 graos ofertados no curso académico 2013-2014 están representados neste estudo.

A mostra enquisada foi de 5.132 titulados sobre un total de 8.403, representando arredor dun 61,07% da poboación total.

Universidade Poboación Mostra
Universidade da Coruña 2.512 1.536
Universidade de Santiago de Compostela 3.396 1.918
Universidade de Vigo 2.495 1.678
SUG 8.403 5.132

 

No deseño da mostra, para cada titulación e campus (subpoboación) seleccionouse unha mostra aleatoria, determinándose o tamaño da mostra para a estimación da proporción (con varianza máxima) e fixando un erro máximo admisible do 10%, cun nivel de confianza do 95%.

Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre aspectos relacionados coa transición dos titulados da educación universitaria ao mercado laboral: formación universitaria, prácticas e traballos durante a titulación, mobilidade, coñecemento de idiomas, acceso ao emprego, vías de busca de emprego, situación laboral actual no momento de realizar a enquisa, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requiridas no emprego.

Dentro das principais conclusións extraídas no estudo EIL1314 para o total de titulados no SUG durante o curso académico 2013-2014 atópanse as seguintes:

DATOS ACADÉMICOS

Para o 75,02% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 a titulación obtida fora a súa primeira opción.
O 58,40% dos titulados gozou dalgunha bolsa durante os seus estudos. Máis da metade dos titulados que obtiveron unha bolsa de estudos mantivérona durante tres ou máis cursos académicos. No 98,44% dos casos a bolsa de estudos procedía dunha institución pública española.
O 50,42% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 tiña no momento de realizar a enquisa outra titulación universitaria rematada, a maiores da titulación pola que foi enquisado.
O 30,64% dos titulados realizou prácticas en empresas/institucións durante os seus estudos que non estaban incluídas no seu plan de estudos.
Un 40,42% dos enquisados compaxinou os estudos cun traballo, aínda que só no 31,40% dos casos o traballo foi a tempo completo. O 59,00% dos titulados que traballaron durante os estudos indicou que o traballo non estaba relacionado coa titulación.
O 19,17% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 participou durante a súa estadía na universidade nalgún programa de mobilidade, maioritariamente no programa Erasmus, cun 75,42%. No 83,21% dos casos o seu destino foi unha universidade do resto da Unión Europea.
O 95,74% dos titulados no curso académico 2013-2014 coñece e é quen de usar algún idioma a maiores das linguas oficiais do SUG (galego e castelán). Deles, o 48,34% afirmou coñecer só un idioma adicional.

BUSCA DE EMPREGO

O 73,92% dos titulados buscou emprego relacionado coa súa titulación desde que rematou os estudos. Deles, o 72,29% atopouno.
O tempo medio que lles levou aos titulados atopar ese primeiro emprego relacionado coa titulación foi de 10,42 meses.
As vías de busca de emprego máis utilizadas polos titulados durante o curso 2013-2014 foron a través de internet, cun 3,99 , presentando de maneira espontánea a súa candidatura, cun 3,87, e a través de contactos persoais, familiares ou amizades, cun 3,03. Máis da metade dos titulados, un 55,42%, atopou o seu primeiro emprego por algunha destas tres vías.

SITUACIÓN ACTUAL

O 17,65% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 continuaba a estudar no momento da realización da enquisa.
O 25,18% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 preparaba oposicións no momento da realización da enquisa.
O 79,59% dos titulados durante o curso académico 2013-2014 traballaba no momento da realización da enquisa.

EMPREGO ACTUAL (DESPOIS DA TITULACIÓN)

A maioría dos titulados 80,11% estaba a traballar en Galicia. O 17,01% traballaba noutra comunidade autónoma e só un 2,88% traballaba fóra de España.
O 90,31% dos titulados que traballaban no momento de responderen á enquisa facíano por conta allea.
O salario medio neto mensual dun titulado durante o curso académico 2013-2014 era de 1.231,02 €.
O 79,38% dos titulados que traballaban estaban desenvolvendo funcións de nivel universitario no seu traballo. Deles, o 84,45% desenvolvía funcións específicas da súa titulación.
As cinco competencias máis valoradas polos titulados durante o curso 2013-2014 foron a capacidade para a aprendizaxe, cun 4,55, a motivación, cun 4,52, a capacidade para resolver problemas, cun 4,49, a adaptabilidade, cun 4,40 e a capacidade de comunicación oral/escrita, cun 4,39.

SATISFACCIÓN CO ITINERARIO ACADÉMICO

O 92,43% dos titulados volvería cursar estudos universitarios. Deles, o 80,76% volvería elixir a mesma titulación, dos cales un 88,49% repetiría os seus estudos na mesma universidade. Isto tradúcese en que o 66,05% do total de titulados no SUG durante o curso 2013-2014 repetiría exactamente o mesmo itinerario académico, é dicir, volvería cursar a mesma titulación na mesma universidade.

 

            

ACSUG renova as certificacións do seu Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente nas normas ISO 9001, ISO 14001 e Regulamento EMAS.

03/10/2018

A empresa AENOR levou a cabo en 2018 a auditoría externa de renovación da certificación do sistema de xestión de ACSUG. Como resultado da auditoría, ACSUG renovou ata 2021, as certificacións na norma ISO 9001:2015, norma ISO 14001:2015 e regulamento EMAS. Ao ser AENOR membro de IQNet, as certificacións obtidas son recoñecidas internacionalmente.

Presentación dos Resultados no SUG do “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2013-2014”. Luns 17 de setembro ás 11:30 na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

13/09/2018

O luns 17 de setembro ás 11:30 horas na sede da ACSUG terá lugar a presentación dos Resultados no SUG do ”Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2013-2014”. No acto intervirán o Sr. Secretario Xeral de Universidades, D. José Alberto Díez de Castro, a presidenta da ACSUG, D.ª María Patrocinio Morrondo Pelayo e o director da ACSUG, D. José Eduardo López Pereira.

Desde a súa creación, no ano 2001, a ACSUG desenvolveu actividades orientadas á mellora continua da calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), entre as cales se atopa a realización dun seguimento periódico da poboación titulada no SUG, materializada a través dos seus estudos de inserción laboral. Nestes estudos analízanse as valoracións dos titulados, proporcionando información da percepción que teñen sobre a súa formación adquirida e a súa universidade, e sobre a busca de emprego e a súa situación laboral actual.

Neste avance, preséntase un resumo dos principais resultados acadados na duodécima enquisa, realizada á poboación titulada no curso académico 2013-2014 en xullo de 2017, aproximadamente aos tres anos despois de rematar o título. A poboación obxecto de estudo está centrada na poboación universitaria titulada en graos principalmente, e títulos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías, enxeñarías técnicas, arquitectura e arquitectura técnica). Neste estudo detéctase un incremento na representatividade das tituladas e titulados en graos, en consonancia cos anos de implantación dos primeiros títulos de grao (2008-2009 e 2009-2010) froito do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), polo que practicamente ós 120 graos ofertados no curso académico 2013-2014 están representados neste estudo.

Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre aspectos relacionados coa transición dos titulados da educación universitaria ao mercado laboral: formación universitaria, prácticas e traballos durante a titulación, mobilidade, coñecemento de idiomas, acceso ao emprego, vías de busca de emprego, situación laboral actual no momento de realizar a enquisa, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.

Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG

12/09/2018

Con data do 12 de setembro de 2018 publícase no DOG a Resolución do 3 de setembro de 2018 da Presidenta da ACSUG, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Acceso á aplicación informática para cubrir a solicitude.

Pagamento de taxas administrativas para presentar a solicitude.

Preguntas frecuentes

Apertura da Convocatoria para solicitar a Acreditación Institucional de Centros

26/07/2018

O 17 de xullo foi aprobado na CGIACA o Procedemento de Acreditación Institucional de Centros de ACSUG. Este novo procedemento implica que os Centros que cumpran os requisitos establecidos na Resolución de 7 de marzo de 2018, poderán solicitar a acreditación institucional do Centro, o que suporá unha simplificación do procedemento de renovación dos títulos, xa que os centros que estean en disposición de obter esta acreditación institucional, renovarán a acreditación de todos os seus graos e másteres oficiais de xeito automático, sen necesidade de someterse ao procedemento convencional establecido no Real Decreto 1393/2007.

Ampliar información

ACSUG entrega os certificados de acreditación das titulacións de Dereito e Comunicación da Universidade Anáhuac Xalapa

20/06/2018

O día 24 de maio o Sr. Reitor da Universidade Anáhuac Xalapa, Dr. Luís Linares Romeu, e o Director Académico, Mtro. Elí Ricardo Marín Illescas, foron recibidos na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) polo seu director, Dr. J. Eduardo López Pereira, e o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), Dr. Miguel Santos Rego. Tras unhas palabras do director de ACSUG e a intervención do Sr. Reitor, o presidente da CGIACA fíxolle entrega dos certificados de acreditación dos títulos de Dereito e de Comunicación.

No acto estiveron presentes os membros das dúas comisións que se desprazaron, en outubro de 2016 e outubro de 2017, a Xalapa (México) para verificar "in situ", e de acordo aos estándares europeos de acreditación, a calidade de varias das titulacións que imparte dita Universidade.

Posteriormente ACSUG agasallou a tan ilustres representantes da Universidade Anáhuac Xalapa cunha comida de confraternidade á que asistiron os membros das dúas comisións de acreditación e o Secretario Xeral de Universidades, Dr. José Alberto Díez de Castro.

Coa acreditación destas dúas titulacións son xa seis as licenciaturas que na devandita Universidade contan cunha certificación de ACSUG: Dirección e Administración de Empresas, Finanzas en Contadoría Pública, Mercadotecnia, Negocios Internacionais, Dereito e Comunicación. Actualmente estase traballando na acreditación de cinco novas titulacións en Anáhuac Cancún, a cal recibirá a visita de dúas novas comisións cara a finais do presente ano.

 

 

 

 

ACSUG participa nos proxectos europeos DEQAR e IMPEA

20/06/2018

ACSUG, consciente da importancia de establecer vínculos e contactos con outros organismos e asociacións, decidiu implicarse de maneira activa en dous proxectos europeos.

O primeiro deles é o proxecto DEQAR. Este proxecto, que está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e está coordinado polo EQAR (European Quality Assurance Register for Higher Education), ten como obxectivo principal poñer en marcha unha gran base de datos que facilite o acceso aos informes dos distintos procesos de avaliación universitaria levados a cabo polas axencias de calidade europeas. A duración do proxecto é desde novembro de 2017 a outubro de 2019.

O segundo proxecto é o denominado proxecto ImpEA. O principal obxectivo é incidir na implantación de metodoloxías e ferramentas para fomentar o recoñecemento e a implantación de títulos conxuntos nas universidades. O proxecto, que tamén está financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea terá lugar entre outubro de 2017 ata setembro de 2020.

ACSUG presenta o resumo executivo da súa cuarta enquisa de inserción laboral á poboación titulada en Másteres no curso académico 2012-2013

20/06/2018

ACSUG presentou o xoves 26 de abril o resumo executivo da súa cuarta enquisa de inserción laboral á poboación titulada en másteres, pertencente ao “Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2012-2013 (EILMasteres1213)”. Neste informe analízanse os resultados obtidos na cuarta enquisa realizada aos titulados universitarios do curso académico 2012-2013 en másteres oficiais no SUG entre febreiro e marzo do 2016, aproximadamente aos tres anos despois de rematar o máster. A mostra acadada foi de 1.723 titulados en másteres sobre unha poboación de 2.432, o que representa un 70,8% da poboación total de titulados no curso académico 2012-2013.

Imagen1  

No acto participaron o Secretario Xeral de Universidades, Don José Alberto Díez de Castro, a presidenta de ACSUG, Dona María Patrocinio Morrondo Pelayo e o director de ACSUG, Don José Eduardo López Pereira.

A presentación comezou coa benvida da presidenta de ACSUG, quen destacou a periocidade anual destes estudos, situando ACSUG como a Axencia de Calidade dos Sistemas Universitarios de España que dispón da serie temporal máis longa deste tipo de estudos. Así mesmo, destacou a importancia dos resultados acadados que proporcionan datos estatísticos fiables, obxectivos e comparables sobre a empregabilidade e a inserción laboral no mercado laboral dos titulados universitarios en másteres, así como a percepción que teñen os egresados sobre a súa formación académica.

Tras a intervención da presidenta, o director de ACSUG presentou os principais resultados acadados en aspectos relevantes na traxectoria laboral da poboación titulada en másteres tales como: a motivación para realizar o máster, a actividade laboral previa e posterior ao máster, o tempo medio en atopar emprego desde a fin do máster, a actividade laboral actual, a relación do posto de traballo co máster, o lugar de traballo, a modalidade de contratación, o salario e a valoración global do máster. Así mesmo, tamén resaltou o valor engadido dos másteres en función da relación previa dos titulados co mercado laboral. Remataría a súa presentación destacando as tendencias acadadas nos últimos catro estudos na situación laboral, no lugar de traballo, no salario e na valoración global do máster.

Finalmente o acto rematou coa intervención do Secretario Xeral de Universidades, Don José Alberto Díez de Castro, quen resaltou a importancia destes estudos a nivel autónomico e nacional, destacando a súa periocidade, que permite deste xeito obter unha análise de tendencias con respecto á traxectoria laboral dos titulados en másteres oficiais no SUG. Así mesmo, resaltou a importancia dos estudos universitarios (grao, máster e doutoramento) na mellora da empregabilidade dos seus titulados. A maior nivel de estudos maior empregabilidade, polo que resulta unha “boa inversión realizar un máster”.

Dentro das principais conclusións extraídas no estudo EILMasteres1213 para o total da poboación titulada en másteres oficias do SUG durante o curso académico 2012-2013 atópanse as seguintes:

Cursou o máster principalmente para complementar a formación académica para obter unha maior especialización no mercado de traballo, ampliar as saídas laborais e acadar un maior desenvolvemento profesional (64,3%).
En canto á situación laboral no momento de iniciar o máster, un 58,2% xa traballaron con anterioridade a este. Un 60,2% simultanearon o traballo co máster.
O tempo medio en atopar o primeiro traballo despois do máster é de 7,40 meses.
Un 92,6% traballaron nalgún momento desde a finalización do máster, porcentaxe que se divide nun 73,9% que traballa actualmente e un 18,7% que non traballa no momento de realizar a enquisa pero si o fixo nalgún momento desde que rematou o máster.
Un 46,5% afirman que o seu traballo está bastante ou moi relacionado co máster cursado. A gran maioría traballa en Galicia (86,8%) no momento da realización da enquisa. Fóra da comunidade galega o 10,8% atópase traballando no resto de España e o 2,4% fóra de España.
A gran maioría traballa en Galicia (86,8%) no momento da realización da enquisa. Fóra da comunidade galega o 10,8% atópase traballando no resto de España e o 2,4% fóra de España.
Principalmente traballa por conta allea (88,8%), onde a práctica totalidade, un 99,5% cotiza á Seguridade Social, dos cales o 40,1% conta cun contrato fixo, mentres que o 46,1% ten un contrato de tipo temporal.
O salario medio dun titulado en máster no SUG é de 1.251,70 €.
Un 77,1% dos titulados en máster volverían a realizar o máster.

Presentación do avance de resultados de “Estudo da Inserción Laboral dos Titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2012-2013”.

20/06/2018

XOVES, 26 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS NA SEDE DE ACSUG.

O xoves 26 de abril ás 12:00 horas na sede de ACSUG terá lugar a presentación do avance de resultados do: ”Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2012-2013”. No acto intervirán o Sr. Secretario Xeral de Universidades, a presidenta e o director de ACSUG.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral da poboación titulada universitaria no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde o ano 2001 en ACSUG. Coa nova estrutura dos estudos universitarios actuais, grao, máster e doutoramento, resulta indispensable dispor de información sobre a inserción laboral da poboación titulada en másteres. Por iso, no ano 2013, ACSUG iniciou un novo proxecto, ampliando o campo de estudo aos titulados en másteres no SUG, converténdose na primeira axencia a nivel nacional en realizar unha análise deste tipo. Continuando con esta iniciativa, ACSUG presenta un avance de resultados do seu cuarto informe.

Neste estudo, analízanse os resultados obtidos na enquisa realizada entre febreiro e marzo de 2016, aproximadamente aos tres anos de rematar o máster. Entre os obxectivos principais deste informe está o de proporcionar información sobre as tituladas e os titulados universitarios en másteres no SUG, de xeito que os resultados acadados contribúan á mellora da calidade das ensinanzas universitarias ofertadas aos futuros estudantes. A información recabada contempla as seguintes temáticas: valoracións sobre aspectos organizativos e de desenvolvemento do máster, motivación principal para realizar estudos de másteres e valoracións sobre a experiencia laboral nestes últimos anos, antes e despois da realización do máster. O informe remata facendo unha comparativa dos resultados acadados entre a poboación titulada en másteres nos cursos académicos 2012-2013, 2011-2012, 2010-2011 e 2009-2010.

ACSUG organiza unha xornada de formación para representantes do MESYCT, do ISFODOSU e do INAFOCAM, da Repúblia Dominicana

20/06/2018
Representantes do Ministerio de Educación Superior, Ciencia y Tecnología ( MESYCT), do Instituto Superior de Formación Docente Salomé Ureña ( ISFODOSU) e do Instituto Nacional de Formación y Capacitación del Magisterio ( INAFOCAM), da República Dominicana, participan no Seminario Internacional de Formación sobre Acreditación organizado por ACSUG entre os días 23 e 27 de abril.
As xornadas de traballo desenvólvense a través de sesións informativas e formativas sobre os distintos procesos de xestión da calidade. Expóñense, en primeiro lugar, as principais actividades de avaliación que realiza ACSUG (verificación, seguimento, acreditación da calidade de títulos, sistema de garantía de calidade de centros, etc.) para posteriormente centrarse na metodoloxía dos procesos de avaliación externa a nivel internacional que ACSUG está a levar a cabo. Tamén se informou sobre os procesos de acreditación de profesorado e Programa DOCENTIA. Nunha das xornadas de traballo, participan nunha visita institucional á Universidade da Coruña onde se lle expón o esforzo dos centros na mellora da calidade das súas titulacións.
O resultado máis inmediato desta visita a Galicia será a firma dun convenio de colaboración institucional entre o Instituto Superior de Formación Docente Salomé Ureña ( ISFODOSU) e ACSUG para o asesoramento e acreditación internacional das seguintes titulacións: Licenciatura en Educación Inicial, Licenciatura en Educación Primaria Primer Ciclo e Licenciatura en Educación Primaria Segundo Ciclo.

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) asumiu neste ano 2018 a Secretaría Técnica da Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU)

01/03/2018

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) asumiu neste ano 2018 a Secretaría Técnica da Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU), tomando o relevo de AQU Catalunya, responsable da mesma durante o ano 2017.

Na súa condición de responsable da secretaría, convocou o luns 26 de febreiro na sede de ACSUG a xuntanza da Asemblea Xeral da Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU).

Na dita reunión, á que asistiron representantes das axencias de calidade catalá, andaluza, vasca, castelán leonesa, madrileña,valenciana, balear, de ANECA e de ACSUG, tivo como puntos principais os seguintes:

  • Debate sobre posibles temas para a elaboración de informes conxuntos que dean cumprimento ao punto 3.4 dos Criterios y Directrices Europeos para o Aseguramento da Calidade en Educación Superior “Thematic Analysis”.
  • Debate sobre os criterios mínimos que deben cumprir as titulacións dobres no proceso de Acreditación.
  • Debate sobre os criterios mínimos que deben cumprir os títulos online no proceso de Verificación e Acreditación.
  • Debate do documento de interpretación sobre perfil e persoal asociado ao programa de doutoramento.
  • Información sobre a xuntanza da Comisión Universitaria para a Regulación do Seguimento e a Acreditación (CURSA), do 7 de febreiro de 2018. En especial, comentáronse as propostas de modificación do borrador de Resolución polo que se ditan instrucións sobre o procedemento para a acreditación institucional de centros de universidades públicas e privadas.

 

A ACSUG participa nas VII Jornadas de Observatorios Universitarios de Empleo organizadas pola Universitat Jaume I

20/02/2018

A ACSUG participou nas “VII Jornadas de Observatorios Universitarios de Empleo”, que se celebraron os días 15 e 16 de febreiro na Universitat Jaume I en Castellón.

Estas xornadas foron o punto de encontro de servizos, unidades de observatorios de emprego, axencias de calidade, organismos públicos e outras entidades relacionadas co seguimento e análise da inserción laboral da poboación titulada universitaria. Nesta edición incluíronse no programa distintos actos como conferencias, mesas redondas e comunicacións, dentro das cales, o director da ACSUG participou na mesa redonda “Estrechando la colaboración de los servicios públicos con las Universidades”, na que destacou o valor engadido dos estudos de inserción laboral para a administración, a universidade, os empregadores, os estudantes e a sociedade en xeral.

Na sesión de comunicacións a coordinadora dos estudos da inserción laboral da ACSUG tamén participou coa comunicación “Seguimiento y análisis de la inserción laboral de la población titulada en Másteres en el Sistema Universitario de Galicia (SUG)”. Nesta comunicación presentouse a experiencia da ACSUG no seguimento e análise da inserción laboral dos titulados en másteres realizada desde o ano 2013.

II Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade

08/02/2018

A ACSUG colabora no "II Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade: Coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes" que terá lugar o 25 de maio de 2018.

Máis información en:

http://www.usc.es/esculca

http://redries.usc.es/

 

Convocatoria ordinaria 2017 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora

23/01/2018

Publícase hoxe, 23 de xaneiro de 2018, a Resolución do 29 de decembro de 2017, (DOG do 23 de xaneiro 2018) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento excelencia curricular docente e investigadora.

Guía do solicitante.

Preguntas frecuentes.

Acceso á aplicación para cubrir a solicitude e os demais anexos.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 24 de xaneiro de 2018 ata o día 20 de febreiro de 2018, incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende mañá día 24 de xaneiro de 2018.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED701A

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso da obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Convocatoria ordinaria 2017 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión.

16/01/2018

Publícase hoxe, 16 de xaneiro de 2018, a Resolución do 27 de decembro de 2017, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Preguntas frecuentes

Acceso á aplicación para cubrir a solicitude e os anexos.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 17 de xaneiro de 2018 ata o día 13 de febreiro de 2018, incluído.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED701C

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso da obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador. Convocatoria ordinaria 2017

15/01/2018

Publícase hoxe, 15 de xaneiro de 2018, a Resolución do 14 de decembro de 2017, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Acceso á aplicación para cubrir a solicitude e os demais anexos.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 16 de xaneiro de 2018 ata o día 12 de febreiro de 2018 incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende mañá día 16 de xaneiro de 2018.

ATENCIÓN! En aplicación do disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamene a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED701B

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso da obtención dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Aviso convocatorias

02/01/2018

Informase que, segundo indicacións do DOG, as convocatorias de avaliación previa á asignación dos complementos retributivos do profesorado, correspondentes ao 2017, sairán publicadas a mediados do mes de xaneiro de 2018.