• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Complementos polos cargos de xestión: Retribucións

Para ter dereito a percibir este complemento cumprirá a obtención dun mínimo de 0.5 tramos/puntos. Para os efectos das retribucións computaranse os tramos/puntos en decimais ( sen facer aproximacións a números enteiros ) a partir de 0.5 inclusive.

A súa contía ven regulada pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano e, tendo en conta o disposto no artigo 5º do Decreto 55/2004, a percepción dos complementos estará supeditada "ao límite consignado para este fin nos presupostos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á previsión orzamentaria de cada universidade".