• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Complementos de recoñecemento de labor docente e investigador: solicitude

  1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a instancia (anexo I), común para ambos complementos, e as memorias de autoavaliación (anexo II.A e II.B), nos modelos dispoñibles na aplicación informática á que se poderá acceder a través da páxina web: www.acsug.es. Non se valorarán as solicitudes que non fosen cubertas telematicamente.
  2.  As solicitudes que se presenten deberán indicar cun aspa para cal ou cales das retribucións adicionais se solicita a valoración. No caso de que se solicite a valoración previa das dúas retribucións farase na mesma instancia.
  3. Unha vez cuberta a instancia (anexo I) deberá gardarse e presentarse nos lugares sinalados no apartado 5, debidamente asinada, xunto coa documentación que se relaciona a continuación, sempre que esta non fose remitida telematicamente:
    • Copia do DNI ou documento equivalente, só no caso de denegar expresamente á ACSUG para consulta dos seus datos no sistema de verificación de datos de identidade de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).
    • Ademais, en función do complemento retributivo para o que se solicite a valoración, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
      1. Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:
        • Breve memoria de autoavaliación do labor docente que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.A.
      2. Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:
        • Xustificante de grao de doutor, só no caso de denegar expresamente á ACSUG para a súa consulta ante o Ministerio de Educación (este requisito non será necesario para os solicitantes que sexan profesores de corpos docentes nos que se esixa o título de doutor, circunstancia esta última que se deberá facer constar na solicitude).
        • Breve memoria de autoavaliación do labor investigador que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.B
    • Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
  4. Para a comprobación do cumprimento dos demais requisitos esixidos na base terceira e non especificados nos dous puntos anteriores, a ACSUG solicitará ás universidades do SUG unha lista oficial na que se certifique si os solicitantes están integrados no cadro de persoal docente e investigador da universidade que lle corresponda, nos termos esixidos nesa base.
  5. A presentación das solicitudes xunto co resto de documentación se fará na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012.