• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Complemento á excelencia curricular: Formalización da solicitude

  1. Para solicitar o complemento as persoas interesadas deberán cubrir telematicamente a solicitude e a relación de méritos, no modelo dispoñible na aplicación informática (anexo III), á que se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente.
  2. Unha vez cuberta a solicitude (anexo III) telematicamente, deberá gardarse e presentarse nos lugares sinalados no apartado 4, debidamente asinados.
  3. Xunto co documento xerado no apartado anterior (anexo III) e, sempre que estes non fosen remitidos telematicamente a través da plataforma informática, deberá presentarse a documentación que se relaciona a continuación:
    • Copia do DNI ou documento equivalente, so no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221 do 13.11.2008) por el que se simplifica la documentación para la tramitación de los procedimientos administrativos y se fomenta la utilización de medios electrónicos.
    • Documentación acreditativa dos citados méritos curriculares que se aleguen. As certificacións relativas aos quinquenios e aos sexenios, só terán que presentarse no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta.
    • Documentación acreditativa, no seu caso, do desfrute de permiso por baixa maternal no período que se avalía.
    • Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+ D, etc.).
    • Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
  4. A presentación do anexo III e, no seu caso, a documentación complementaria sinalada no apartado 3, farase na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012.