• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Acreditación de profesorado: protocolo e baremo

De conformidade co establecido na letra b) do artigo 10 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e o informe da ACSUG previos á contratación de profesorado, por parte da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), aprobouse mediante acordo do 9 de novembro de 2010, o protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia , que substitúe ao anterior protocolo aprobado mediante acordo do 10 de novembro 2009.