O día 15 do mes de xullo reuniuse o Consello Reitor da ACSUG, coa presencia de todos os seus membros e os votos delegados, na súa reunión ordinaria, dentro das dúas que se celebran anualmente.
O presidente da Axencia empezou por agradecer a colaboración dos Reitores cesantes, Antonio López Díaz da USC e Manuel Joaquín Reigosa Roger da UVigo, así como da Vicerreitora da USC, María José Couso, e da UVigo, Alfonso Lago Ferreiro. De igual xeito, tamén deu a benvida ás novas reitoras da USC e da UVigo, Rosa María Crujeiras Casais e Carmen García Mateo respectivamente, e ás vicerreitoras Reyes Laguna Francia e Esther Pillado González.
Os membros do Consello recibiron información exhaustiva dos traballos realizados por ACSUG, tanto de avaliación , acreditación, modificación e seguimento de títulos como de acreditación e de calidade científica e docente do profesorado do sistema universitario de Galicia.
Entre outros asuntos tratados estivo o de aprobación de contas do último ano e o da planificación de actividades a desenvolver en razón do presuposto aprobado para o próximo ano 2027

