ACSUG Reacredita 26 titulos e o SIGC na Universidade Santo Martín de Porres en Lima

Desde o ano 2012, en que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego acreditou por primeira vez algúns títulos da Universidade Santo Martín de Porres, esta axencia veu actuando como axencia europea acreditadora en Latinoamérica, pola súa pertenza a ENQA e a EQAR, e non só coa validez dun selo distintivo de calidade, senón con efectos e valor administrativo, desde que no ano 2018 foi recoñecida polo SINEACE e o Goberno do Perú como axencia acreditadora nese país.

Nesta ocasión desprazáronse seis comisións a Lima, que reunían un total de 28 avaliadores, para renovar a acreditación dos centros de Dereito, Enfermería e Obstetricia, Psicoloxía, Medicina Humana, Odontoloxía, Ciencias da Educación, Gobierno e Xestión Pública e o SIGC do centro ou facultade de Dereito.

O proceso da reacreditación destes títulos iniciouse fai máis dun ano coa subida das evidencias por parte da Universidade á plataforma que ACSUG ten para a avaliación de centros en Latinoamérica e culminarase co informe final, unha vez completados e analizados os datos recolleitos na visita presencial polos avaliadores.

Os avaliadores de ACSUG, de diferentes carreiras e de diferentes ramas de coñecemento, sentiron gratamente satisfeitos polo entusiasmo, o esforzo e o traballo realizado polos diversos sectores intervenientes: corpos directivos, profesores, estudantes, egresados, empregadores, etc.

É previsible que, nun curto período de tempo, as diferentes comisións concluísen os seus informes e a dirección de ACSUG asinará todas as certificacións.