Xuntanza Universidades SUG-ACSUG

O 12 de decembro de 2024 celebrouse na ACSUG unha reunión de coordinación na que participaron as persoas responsables das áreas de calidade e os vicerreitorados con competencias en xestión da calidade de centros e títulos das catro Universidades do SUG (UDC, USC, UVIGO e UIE). Á reunión tamén asistiron dous representantes da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia. O obxectivo da xornada foi presentar a planificación e prazos das avaliacións de títulos e centros para o curso 2024-2025. Na reunión tamén se trataron outros asuntos relevantes como a aprobación da guía de avaliación para o seguimento e a renovación da acreditación institucional de centros.