Encontro Galaico-Arxentino de Educación Universitaria na cidade de Bos Aires

No marco do European Approach, dos Joint Programmes e da Internacionalización da universidade, organizado por ACSUG en coordinación coa CONEAU, tivo lugar un encontro en Bos Aires, entre os días 12 e 15 de novembro, no que participaron o Conselleiro de Educación, Ciencia e Universidade de Galicia e o Secretario Xeral de Universidades, xunto cos tres reitores das universidades públicas galegas.

Á idea, proposta por ACSUG, de creación e implantación de programas de grao, master e doutoramento con dobre titulación, acordada coas tres universidades galegas, sumáronse catro universidades arxentinas: a Universidade de La Plata, a de Lomas de Zamora, a de San Martín e a Universidade Tres de Febrero.

O obxectivo principal é conseguir moito máis que a mobilidade de estudantes, que xa pode darse entre universidades arxentinas e españolas. Preténdese lograr que entre estas sete universidades póidanse impartir títulos conxuntos e dobres títulos, con recoñecemento mutuo, cumprindo cos criterios reguladores da calidade europea, certificada por axencias membros de EQAR –no caso de Galicia ACSUG- e pola CONEAU como axencia acreditadora en Arxentina.

O resultado non puido ser mellor: as dúas Axencias reguladoras da calidade universitaria asinaron un acordo de mutua colaboración e as tres universidades galegas asinaron cada unha un acordo de posta en marcha inmediata de programas con dobre titulación, tanto en grao como en master e doutoramento, comezando con estes dous últimos xa no próximo ano 2025.