O director da ACSUG asistiu á asamblea de ENQA en Malta

ACSUG estivo presente no encontro da Asemblea Xeral de ENQA que se celebrou en Malta, os días 24 e 25 de outubro, baixo o título de Quality Assurance beyond the ESG.

No devandito encontro tratáronse diversos temas tendentes á mellora da calidade universitaria, como o próximo proceso de revisión dos Criterios e Directrices para o aseguramento da calidade no Espazo Europeo de Educación Superior, facéndose eco do informe elaborado polas ministras e ministros na súa reunión en Tirana no mes de maio.

Como é preceptivo nestes encontros, deuse conta de todo o traballo realizado por ENQA durante o último ano, fíxose balance da xestión anual e aprobáronse os orzamentos para o próximo ano, de acordo co traballo que se vai a realizar. Así mesmo, procedeuse á votación para a elección dos tres novos membros que haberán de cubrir as vacantes correspondentes aos representantes que concluíron os seus mandatos, e dos dous vicepresidentes.

Debateuse entre as axencias sobre as principais prioridades de ENQA para configurar un novo plan estratéxico 2026-2030, con vistas á súa presentación e aprobación na próxima reunión a celebrar en Bruxelas en 2025. Entre outros temas tratados estiveron os da cooperación entre axencias de calidade e o da garantía da calidade, atendendo á Dimensión social do Proceso de Bolonia