Participación de ACSUG no Proxecto QA-FIT de ENQA

ACSUG participou, coa representación de Luis Velón, os días 13 e 14 de maio de 2024 en Bruselas na xuntanza dun Focus Group, no marco das actividades do Proxecto QA-FIT de ENQA.

Durante esta xuntanza, na cal participaron 20 representantes de distintas axencias de calidade europeas, debatéronse algunhas das cuestións fundamentais de cara á futura revisión dos ESG, prevista para o ano 2025.