Actualmente, atópanse en proceso de revisión na aplicación de supervisión das disposicións normativas (REDUCE), dependente da Axencia de modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), as convocatorias de 2023 correspondentes a:
- Complementos retributivos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador.
- Complemento retributivo de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.
- Complemento retributivo de recoñecemento polos cargos de xestión.
Este proceso realízase cada ano conforme á Orde de 12 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 10 de 16.01.2012) pola que se regula o mecanismo de aprobación de procedementos e servizos públicos electrónicos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
Unha vez superado este trámite as convocatorias serán enviadas ao DOG para a súa publicación.