Celebración do 20 aniversario de ECA

O Consorcio Europeo de Acreditación (ECA) celebrou o seu 20 aniversario nun evento organizado en Mallorca (España), onde se puxeron en valor as principais actividades levadas a cabo desde a creación do consorcio en 2013.

ACSUG, representada por Luis Velón (un dos seus técnicos), participou como ven sendo habitual nas actividades programadas, incluíndo a reunión xeral do organismo e a xuntanza do grupo de traballo sobre títulos conxuntos, recoñecemento e innovación.