Coloquio Nacional en ACSUG sobre Complementos Retributivos Autonómicos do Profesorado Universitario

OS COMPLEMENTOS RETRIBUTIVOS AUTONÓMICOS DO PROFESORADO UNIVERSITARIO EN GALICIA. UNHA ANÁLISE COMPARADA NO CONXUNTO DE ESPAÑA

Maña, día 25 de novembro, terá lugar na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) un Coloquio Nacional sobre o tema dos Complementos Retributivos Adicionais do Profesorado Universitario. O Coloquio será inaugurado ás 10h. polo Secretario Xeral de Universidade da Xunta de Galicia, Alberto Diez de Castro, e a Presidenta do Consello Rector de ACSUG, Patrocinio Morrondo.

Ás 10:30h. celebrarase unha Mesa de Debate sobre a xestión (académica e técnica) dos devanditos complementos, e ás 12:30h. Francisco Michavila, Prof. Emérito da Universidade Politécnica de Madrid e Director Executivo da “Universidad Franco-Española” (2017-2018) pronunciará a Conferencia “A Universidade, e o seu profesorado, ante o futuro de Europa.

Programa