Participación de ACSUG en diferentes actividades de ENQA

ACSUG asistiu á Asemblea Xeral de ENQA, realizada de forma online o 22 de abril de 2021. Durante a reunión tratáronse importantes temas, como a admisión e reconfirmación de membros, información sobre as finanzas da asociación, elección de persoas para o Board de ENQA ou a análise dos recentes cambios nos procedementos de avaliación externa das axencias.

No 1º semestre de 2021 ACSUG participou tamén noutras actividades:

  • Webinar sobre micro-credentials organizado por ENQA o 25/02/2021, onde se analizaron diversos aspectos deste tipo de actividades formativas, especialmente en canto ao aseguramento da calidade das mesmas.

  • Dous webinars organizados por ENQA o 21/04/2021 e o 05/05/2021, onde se presentaron diferentes experiencias na adaptación a modo online dos procesos de avaliación externo, en función das circunstancias excepcionais motivadas pola COVID-19.