ACSUG está representando a ECA no Proxecto Europeo “Qual-AI-ty Engagement”

Luis Velón, técnico en xestión de calidade de ACSUG, está participando en representación do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA) no Proxecto Erasmus+ Qual-AI-ty Engagement.

O proxecto está liderado pola Universidade Tecnolóxica de Riga e co-liderado por ACEEU. Outros organismos que participan son: a Universidade de Twente, a Facultade de Artes, Ciencia e Tecnoloxía de Malta e o Consorcio Europeo de Acreditación (ECA).

O obxectivo fundamental do proxecto é romper coa antiga metodoloxía e aplicar un novo enfoque na avaliación da calidade da educación, aproveitando os recursos da Intelixencia Artificial (IA) para adquirir e procesar datos cualitativos, mellorando así a eficiencia e creando unha cultura de calidade para fomentar a participación do alumnado.

A duración do proxecto é de 26 meses, desde Setembro de 2020 a Outubro de 2022. Para maior información pódese consultar a páxina web do proxecto (https://qual-ai-ty.eu/) e a conta de LinkedIn (https://www.linkedin.com/company/qual-ai-ty-engagement).