Estudos de Inserción Laboral dos graduados do SUG 2014-2015

ACSUG ten entre as súas funcións a realización dos estudos e análises sobre a inserción laboral das persoas tituladas universitarias do SUG. A finalidade destes estudos é servir de apoio ás institucións universitarias, aportando resultados que, pola súa natureza, contribúen ao deseño de estratexias para a revisión e mellora da calidade da oferta universitaria. Neste contexto, durante as próximas semanas ACSUG levará a cabo o traballo de campo para realizar o estudo das persoas egresadas no curso 2014-2015. Este traballo implica a realización de aproximadamente 5700 enquisas telefónicas entre os titulados e tituladas no devandito curso académico. Para este estudo en concreto, o traballo de campo é realizado a través da empresa externa COTESA (http://cotesa.grupotecopy.es/). Os datos de contacto empregados para realizar as enquisas forman parte da base de datos que as tres universidades do SUG proporcionan a ACSUG no marco dun convenio de colaboración para realizar os estudos de inserción laboral. A protección de datos de carácter persoal garántese durante todo o proceso.

Pode obter máis información sobre os estudos de inserción laboral levados a cabo por ACSUG no seguinte enlace: http://acsug.es/gl/insercion