ACSUG renova por terceira vez a súa acreditación por ENQA

O director de ACSUG asistiu á asemblea xeral de ENQA, que se celebrou en Erevan, os días 17 e 18 do mes de outubro, e que contou na súa apertura coa presencia do ministro de educación daquel país.

Na asemblea foi aprobado o informe emitido polo board de ENQA renovando, por terceira vez, a acreditación da ACSUG, o que confire á axencia competencias para a verificación e acreditación de títulos universitarios, tanto de grado como de máster e de doutoramento. Desta forma, ACSUG pasa a formar parte do grupo de 15 axencias que foron acreditadas por terceira vez entre as 58 axencias consideradas full member y as máis de 50 affiliates.

Nesta xuntanza de ENQA en Erevan levouse a cabo tamén un foro no que, ademais das conferencias xerais, amosáronse diversos pósters temáticos, entre eles o que presentou o técnico de ACSUG, Luis Velón, sobre os estudos de inserción laboral que ven realizando a axencia desde o ano 2001 e o impacto e importancia que ten a información recompilada para a mellora do Sistema Universitario en Galicia.