Acreditación Institucional: 24 centros do SUG reciben informe favorable por parte de ACSUG

O proceso de acreditación institucional de centros, regulado polo Real Decreto 420/2015, xorde como alternativa ao modelo de acreditación de títulos universitarios oficiais.

A Comisión de avaliación para a Acreditación Institucional (CAI) comprobou, na reunión celebrada o 18 de outubro de 2018, que 24 centros do SUG cumpren cos requisitos establecidos na Resolución de 7 de marzo de 2018, da Secretaría General de Universidades, para a obtención da acreditación institucional.

A obtención desta acreditación permite ao centro a renovación automática da acreditación de todas as súas titulacións por un período de cinco anos.