ACSUG participa nos proxectos europeos DEQAR e IMPEA

ACSUG, consciente da importancia de establecer vínculos e contactos con outros organismos e asociacións, decidiu implicarse de maneira activa en dous proxectos europeos.

O primeiro deles é o proxecto DEQAR. Este proxecto, que está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e está coordinado polo EQAR (European Quality Assurance Register for Higher Education), ten como obxectivo principal poñer en marcha unha gran base de datos que facilite o acceso aos informes dos distintos procesos de avaliación universitaria levados a cabo polas axencias de calidade europeas. A duración do proxecto é desde novembro de 2017 a outubro de 2019.

O segundo proxecto é o denominado proxecto ImpEA. O principal obxectivo é incidir na implantación de metodoloxías e ferramentas para fomentar o recoñecemento e a implantación de títulos conxuntos nas universidades. O proxecto, que tamén está financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea terá lugar entre outubro de 2017 ata setembro de 2020.