Seminario Internacional de formación de especialistas en autoavaliación e acreditación universitaria (20-24 setembro 2016)

Na sede da ACSUG estase celebrando o SEMINARIO INTERNACIONAL DE FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS EN AUTOAVALIACIÓN E ACREDITACIÓN UNIVERSITARIA, ao que asisten varios profesores, estudantes e egresados da Universidade de San Martín de Porres (USMP) da cidade de Lima (Perú). Á apertura do acto asistiu o Secretario Xeral de Universidades, Prof. Dr. D. Xosé Alberto Díez de Castro e a Presidenta da ACSUG, Profa. Dra. Dona Patrocinio Morrondo Pelayo, xunto co Director da Axencia, Prof. Dr. D. José Eduardo López Pereira.

Os asistentes participarán activamente en cinco axustadas xornadas de traballo nas que se abordarán temas como “O papel da ACSUG nos diferentes programas de avaliación”, “O seguimento e acreditación de Títulos”, “O recoñecemento á excelencia curricular” e “A acreditación do profesorado”, sempre combinando a parte teórica e a práctica coa resolución de casos concretos.

O xoves e o venres as xornadas se levarán a cabo nas universidades de Santiago e da Coruña, onde, tras unha recepción oficial por parte dos respectivos Sres. Reitores, os asistentes recibirán explicacións sobre a percepción que ten a universidade das diversas avaliacións que leva a cabo a ACSUG no Sistema Universitario de Galicia.