Persoal da ACSUG participa habitualmente en grupos de traballo creados pola Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA).
- Grupo de aseguramento da calidade interna (IQA group): A ACSUG participou desde o 2008 ata o 2015 neste grupo, formado principalmente por técnicos de calidade interna e externa das axencias membros de ENQA. Este grupo creouse co obxectivo de compartir experiencias sobre prácticas no campo dos sistemas de xestión e da calidade interna e fomentar a colaboración entre as diferentes axencias neste ámbito.
- Grupo de traballo sobre o impacto do aseguramento da calidade: Posto en marcha en 2012 e que estivo en funcionamento ata 2016: O principal obxectivo do grupo foi analizar os efectos da implantación dos procedementos de aseguramento da calidade na educación superior en Europa. O grupo emitiu ao final un informe resumo do traballo realizado.
- Grupo de traballo sobre a implicación dos grupos de interese do sistema universitario nos procedementos de aseguramento da calidade: Posto en marcha en 2012 e que estivo en funcionamento ata o 2016: O propósito do grupo foi analizar a situación actual e fomentar a participación dos distintos colectivos relacionados coa ensinanza superior en Europa: alumnos, titulados, persoal académico, empresarios, etc. O grupo emitiu un informe resumo coas principais conclusións do análise realizado.