• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

Proceso de reavaliación (2014)

O proceso iniciado pola ACSUG en 2009 non se considera como unha situación puntual, senón como parte dunha avaliación cíclica, que tende sempre cara a mellora continua. Seguindo, por tanto, este proceso dinámico, e tras 5 anos como membro de pleno dereito de ENQA, realízase un novo proceso de avaliación externa internacional para a confirmación como membro de pleno dereito de ENQA.

Este proceso inclúe una fase de autoavaliación a realizar pola ACSUG, coa emisión dun informe de autoavaliación.

Continuando co proceso, os días 29 e 30 de abril de 2014, o comité externo de ENQA, responsable da avaliación externa da ACSUG, realizou unha visita á axencia para comprobar in situ o cumprimento dos criterios e directrices europeos. O comité externo reuniuse con representantes de todos os grupos de interese do Sistema Universitario de Galicia: persoal da ACSUG, membros dos diferentes órganos da axencia, representantes do goberno autonómico e das universidades, avaliadores e expertos externos, estudantes, empresarios e grupos de traballo externos.

O comité externo emitiu posteriormente o seu informe final. Este informe foi analizado polo Board de ENQA na súa xuntanza do 19 de setembro de 2014, xuntanza na cal se confirmou a ACSUG como membro de pleno dereito de ENQA por un período de 5 anos, ata o 2019.