A ACSUG decidiu solicitar a súa inclusión en ENQA, e despois de superar satisfactoriamente o proceso de avaliación externo, o Board de ENQA decidiu en novembro de 2009 que ACSUG cumpría cos requisitos necesarios para formar parte de ENQA como membro de pleno dereito durante un período de 5 anos, despois dos cales terá que realizar outra vez un proceso de avaliación externa.
Pódese consultar o informe de autoavaliación elaborado por ACSUG e o informe final que emitiu o Comité Externo de ENQA.
A inclusión da ACSUG como membro de pleno dereito de ENQA supón unha confirmación da calidade das actividades e servizos levados a cabo e un recoñecemento por parte doutras axencias e da sociedade en xeral do labor realizado pola ACSUG.
A importancia de formar parte de ENQA e cumprir cos criterios establecidos, se revaloriza, non só pola mellora continua que isto provoca nas actividades e servizos realizados pola ACSUG, senón tamén pola posta en marcha do Rexistro Europeo de Axencias de Calidade (EQAR). Ser membro de pleno dereito de ENQA avaliado externamente de maneira positiva facilita o cumprimento dos requisitos para pertencer ao Rexistro.