• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Director

Director: José Eduardo López Pereira

A persoa titular da Dirección do consorcio é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de universidades, oído o Consello Reitor, e atendendo a criterios de competencia, profesionalidade e experiencia, no ámbito académico e científico, por un período de catro anos, prorrogables por períodos iguais de tempo.

Funcións:

  • Executar e facer cumprir os acordos adoptados polo Consello Reitor.
  • Dirixir, organizar, xestionar e inspeccionar as actividades ordinarias do consorcio, de acordo coas directrices do Consello Reitor.
  • Presentar no Consello Reitor as propostas de organización e funcionamento das diversas actividades e programas que promova o consorcio.
  • IInformar o Consello Reitor do desenvolvemento das actividades e programas do consorcio e exercer as funcións que lle sexan encargadas ou delegadas por este.
  • Elaborar e elevar a proposta do anteproxecto do orzamento anual e as súas modificacións, para os efectos do seu exame e, se procede, da súa aprobación polo Consello Reitor.
  • Desenvolver a xestión económica do consorcio, autorizar os gastos dentro dos límites fixados polo Consello Reitor e ordenar os pagamentos.
  • Exercer as competencias propias como órgano de contratación, cos límites marcados polo Consello Reitor.
  • Administrar o patrimonio do consorcio baixo as directrices do Consello Reitor.
  • Velar pola conservación e o mantemento das instalacións e do equipamento do consorcio.
  • Velar pola mellora e a calidade dos métodos de traballo, para a introducción das innovacións tecnolóxicas.
  • Elaborar a proposta do cadro de persoal e exercer as funcións de dirección e xestión do persoal do consorcio.
  • Velar pola mellora e a calidade dos métodos de traballo e a introdución das innovacións tecnolóxicas.
  • Informar a Presidencia e o Consello Reitor de todo o necesario para o exercicio das súas funcións e formular as propostas que considere axeitadas para o bo funcionamento do consorcio.
  • Asumir, por delegación da persoa titular da Presidencia, a representación do Consello Reitor en relación coa formalización e notificación dos acordos, convenios e contratos adoptados ou realizados por este órgano.
  • Adoptar as resolucións relativas á inadmisión das solicitudes presentadas fóra de prazo; ao acordo de desistencia do solicitante; ao arquivamento do expediente por non achegar a documentación requirida para os efectos de emenda, de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, con carácter xeral, a adopción das resolucións de expedientes por incumprimento de requisitos formais.
  • Calquera outra función que lle sexa expresamente encomendada ou delegada polo Consello Reitor cando a súa natureza así o permita.