• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA)

Os estatutos de ACSUG atribúen á CGIACA, como órgano superior de avaliación, as funcións de emisión de informes, avaliación, certificación e acreditación que teña atribuídas ACSUG.

A CGIACA está constituída polos seguintes membros:

Presidente:

Vogais:

  • María Belén Bande Vilela, catedrática de comercialización e investigación de mercados da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

  • María Ángeles Cid Blanco, catedrática de microbioloxía da Universidade da Coruña. Vogal académica.

  • María José Domínguez Vázquez, catedrática de filoloxía alemana da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

  • Emilio Martín Gutiérrez, profesor titular de mecánica dos medios continuos e teoría de estruturas da Universidade da Coruña. Vogal académico.

  • Margarita Rosa Pino Juste, catedrática de didactica e organización escolar da Universidade de Vigo. Vogal académica.

  • Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez, profesor titular de enxeñaría mecánica da Universidade de Vigo. Vogal académico.

  • Sandra María Martínez Gómez, alumna de grao da Universidade de Vigo, vogal nomeada en representación do alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

  • Fernando Barros Fornos, ecónomo diocesano de Santiago de Compostela. Vogal en representación do ámbito profesional e empresarial galego.

  • J. Eduardo López Pereira, Director de ACSUG. Vogal con voz e sen voto.

Secretario:

Os membros da CGIACA actúan a título persoal e con plena independencia, garantindo en todo momento que non se produzan conflitos de intereses, ademais de estar sometidos á normativa vixente en materia de incompatibilidades.

Os acordos da CGIACA poñen fin á vía administrativa. Na adopción dos acordos relativos á avaliación, acreditación ou informe individual do profesorado universitario só participan os vogais membros da comunidade académica e científica e, tanto o seu Secretario como o Director de ACSUG asisten as xuntanzas con voz e sen votoe

A CGIACA debe aprobar o seu propio regulamento de funcionamento, así como os distintos procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación e acreditación que correspondan para o desempeño das funcións que teña atribuídas por la normativa.

Para o exercicio das súas funcións poderá acordar a constitución de comités integrados por persoas asesoras expertas, determinando a composición destes comités o seu réxime de funcionamento e os requisitos e o procedemento de designación dos seus membros.

Os estatutos de ACSUG dispoñen que a composición da CGIACA deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.