• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Consello asesor

O Consello Asesor é o órgano consultivo de ACSUG e correspóndenlle as seguintes funcións, establecidas no artigo 26 dos seus estatutos:

  1. Informar, por petición da directora ou director, sobre os procedementos e actuacións que desenvolva o consorcio.
  2. Emitir un informe, por petición da directora ou director, verbo das controversias que se produzan respecto do cumprimento das normas ou códigos éticos e de boas prácticas nos procedementos e actuacións que desenvolva o consorcio.
  3. Analizar a metodoloxía e as estratexias de avaliación que se puideren aplicar, e propoñer medidas de mellora da calidade dos métodos de traballo e de introdución de innovacións tecnolóxicas.
  4. Analizar o funcionamento do consorcio e emitir un informe anual para o Consello Reitor.
  5. Manter as relacións de colaboración e cooperación que resulten procedentes para favorecer o intercambio de experiencias e o fluxo de información, cos comités que realicen funcións análogas dentro dos órganos de avaliación externa que existan ou se constitúan no ámbito estatal e internacional.
  6. Recoller e analizar as suxestións, propostas e opinións que, respecto das funcións e actuación do consorcio, formulen as administracións públicas, os órganos de avaliación externa que existan no ámbito estatal e internacional, as universidades españolas e calquera outra institución pública ou privada vinculada co ámbito da garantía da calidade universitaria.
  7. Elevar á Dirección do consorcio, para a súa consideración, propostas e suxestións para a mellora das súas actuacións.
  8. Calquera outra función que lle sexa expresamente encargada pola directora ou director do consorcio cando a súa natureza así o permita.

Composición

Presidente:

  • César Chaparro Gómez. Universidade de Extremadura

Vogais:

Ámbito académico

  • María Luisa Calvache Quesada. Universidade de Granada
  • Ana María Gil Lafuente. Universidade de Barcelona
  • María Angustias Navarro Ruiz. Universidade de Granada
  • Emanuele Brianti. Universidade de Messina (Italia)
  • Carla Martins. Universidade do Minho (Portugal)
  • Julio Sánchez Maríñez. ​Instituto Tecnolóxico de Santo Domingo (República Dominicana)

Ámbito empresarial

  • Roberto Pereira Costa.

Ámbito profesional

  • Francisco Campos Freire.

Ámbito estudantil:

  • Irene Rodríguez Ríos (titular)/ Gema Castro Andrade (suplente).

Outros vogais:

  • José Eduardo López Pereira. Director de ACSUG (con voz e sen voto)

Secretaria:

  • Mª Dolores Castro Pais. Técnico de ACSUG. (con voz e sen voto)