Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Sistema de Xestión
Política de Calidade e MA
Mapa de procesos
Declaración Ambiental
Resultado de enquisas

PRESENTACIÓN DO SISTEMA  

2006-2009

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), dentro das súas funcións xerais de servizo á sociedade, así como a análise e mellora do Sistema Universitario de Galicia, decidiu, no seu momento implantar un Sistema de Xestión da Calidade segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000. O 20 de marzo de 2006 obtívose a certificación externa, que estivo en vigor ata o 13 de marzo de 2009.

2009-2012

Tendo en conta que en marzo de 2009 terminaban os tres anos de certificación do Sistema de Xestión da Calidade, decidiuse ampliar o alcance do sistema de xestión, incluíndo todas as actividades que realiza a ACSUG, así como incluír a xestión medioambiental no sistema, integrando a norma ISO 14001:2004 no sistema xa existente. As razóns fundamentais foron as seguintes:

1) Incidir na Responsabilidade Social da ACSUG como organismo de control de calidade e servir de exemplo de boas prácticas ao resto do colectivo universitario.

2) Realizar unha mellor xestión dos residuos, eficiencia enerxética, recursos naturais consumidos e prevención da contaminación.

3) Incidir na realización eficiente e eficaz dos servizos prestados, incorporando criterios e boas prácticas ambientais no traballo diario.

4) Seguir fomentando a mellora continua como norma xeral de actuación na ACSUG.

Despois de realizarse os días 26 e 27 de febreiro de 2009 a auditoría de certificación por parte de AENOR, a ACSUG certificouse nas normas UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN ISO 14001:2004 o 13-03-2009. Ademais, ao ser AENOR membro da rede internacional IQNet de certificadoras, as certificacións obtidas pola ACSUG gozan de prestixio internacional e son recoñecidas en moitos países do mundo.

A ACSUG se converte así na primeira axencia de calidade universitaria en Europa que obtén estas certificacións.

Posteriormente e complementando a xestión ambiental xa implantada, realízase a integración do Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS) no sistema de xestión interno. Obtense a verificación externa positiva por parte de AENOR o 13 de abril de 2010 e ACSUG é inscrita nol Rexistro Galego de Centros adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental , xestionado por cada comunidade autónoma en España.

ACSUG durante o ano 2010 realiza a adaptación á nova versión do Regulamento EMAS (nº 1221/2009) .

Un dos principais requisitos que establece o Regulamento EMAS é a realización cunha periodicidade anual dun resumo da xestión ambiental dese período, plasmando esta información nun documento público denominado Declaración Ambiental. Puede consultar el contenido de las declaraciones ambientales realizadas hasta el momento:

Declaración Ambiental 2009.

Declaración Ambiental 2010

ALCANCE DO SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE E DO MEDIO AMBIENTE

•  Prestación dos servizos de avaliación do profesorado previa á contratación polas Universidades de Galicia e avaliación para a asignación de complementos retributivos.

•  Prestación dos servizos de avaliación de títulos, asesoramento e seguimento dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade dos Centros do Sistema Universitario de Galicia (Programa FIDES-AUDIT), seguimento da implantación de modelos de avaliación da actividade docente do profesorado nas Universidades de Galicia (Programa DOCENTIA), realización de estudos e análises de inserción laboral.

 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal