Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Inserción laboral
Docentia
Fides - Audit
Verifica

Tal como recolle o artigo 27 do Real Decreto 861/2010 de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas oficiais, correspóndelle á Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación” (ANECA) ou aos órganos de avaliación que a Lei das Comunidades Autónomas determinen, no noso caso á “Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia” (ACSUG), realizar o seguimento dos títulos rexistrados baseándose na información pública dispoñible ata o momento no que deban someterse a avaliación para renovar a acreditación.

Dende o 2008 a “ Red Española de Agencias de Calidad Universitaria ” (REACU) traballou na redacción dun documento “ Recomendaciones para el seguimiento de los títulos oficiales ” coa idea de poñer a disposición, tanto das propias axencias como das universidades, que son as responsables primeiras do seguimento, unha ferramenta de traballo útil que facilite a toma de decisións que lles corresponde para garantir o cumprimento do establecido na norma para o seguimento dos títulos. Este documento desenvolveuse nun marco xeral, fruto da colaboración técnica das axencias reunidas na REACU, para asumir as competencias que a lexislación estatal e, no seu caso, as que a autonómica lles confire no relativo ao seguimento dos títulos oficiais.

O 15 de abril de 2010 reuniuse, por primeira vez, a “Comisión Técnica para el Seguimiento y Acreditación de Títulos Universitarios Oficiales” (SATUO) co obxectivo de definir o papel que tanto as Universidades, as Axencias de Avaliación, as Comunidades Autónomas, a Conferencia Xeral de Política Universitaria e o Consello de Universidades desempeñarán no proceso de seguimento da implantación das ensinanzas universitarias oficiais. A segunda reunión da SATUO celebrouse o 11 de maio culminando a mesma coa elaboración do “P rotocolo para el proceso de seguimiento de títulos universitarios oficiales” elaborado a partir do documento da REACU. O 29 de xuño, a comisión aproba o texto definitivo do “ Protocolo para el seguimiento y la renovación de la acreditación de los títulos universitarios oficiales ”, cambiando, a partir deste momento, a súa denominación pola de “Comisión Universitaria Reguladora del Seguimiento y la Acreditación ” (CURSA).

O proceso de seguimento da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) adáptase á normativa actual vixente e considera que t er deseñado e implantado, nos centros, un Sistema de Garantía da Calidade (SGC) é un factor estratéxico básico para conseguir unha mellora continua dos títulos oficiais e para que as competencias, habilidades e aptitudes dos egresados sexan coñecidas polos empregadores e pola sociedade en xeral.

A garantía da calidade pode describirse como a atención sistemática, estructurada e continua á calidade, en termos do seu mantemento e mellora. No marco das políticas e procesos formativos que se desenvolven nas universidades, a garantía da calidade permitirá a estas institucións demostrar a calidade dos seus programas e títulos e o compromiso de poñer en marcha os medios que a aseguran.

Os propósitos do proceso de seguimento de títulos universitarios oficiais de acordo coas recomendacións da REACU e da CURSA son:

- Asegurar a execución efectiva das ensinanzas conforme ao recollido no plan de estudos do título implantado, tal e como consta no Registro de Universidades, Centros y Títulos” ( RUCT) xunto coas modificacións aprobadas polo “ Consejo de Universidades ” e autorizadas, no seu caso, polas Comunidades Autónomas.

- Facilitar ás universidades a detección de posibles desviacións ou deficiencias segundo a memoria inicial presentada, no desenvolvemento efectivo dos títulos.

- Axudar ás universidades na identificación de boas prácticas e na toma de decisións para establecer as melloras que son necesarias incorporar no transcurso da implantación do plan de estudos.

- Asegurar a dispoñibilidade da información pertinente e relevante aos diferentes axentes implicados no sistema universitario.

O proceso de seguimento é de aplicación en todos os títulos oficiais implantados nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Este proceso responde aos principios de verificación e acreditación de títulos oficiais do Real Decreto 1393/2007 , de 29 de octubre, ao Real Decreto 861/2010 , de 2 de xullo polo que se modifica o RD 1393/2007, ao Programa FIDES-AUDIT da ACSUG, as “ Recomendacións para o seguimento dos títulos oficiais” da “ Red Española de Agencias de Calidad Universitaria” (REACU) , ao Protocolo para el seguimiento y la renovación de la acreditación de los títulos universitarios oficiales ” da “Comisión Universitaria Reguladora del Seguimiento y la Acreditación ” (CURSA) e ao Documento do Consello Galego de Universidades , aprobado no pleno do 5 de novembro de 200 7.

O seguimento comprende o período que abarca dende o momento da implantación do título ata o momento en que dito título deba someterse á avaliación para renovar a súa acreditación (comezando de novo o ciclo tras dita renovación).

O proceso de seguimento require analizar:

1.- Información pública que a universidade facilita de cada un dos seus títulos.

1.1.- Información relevante do título.

1.2.- Información referida aos indicadores.

1.3.- Información derivada da valoración do Sistema de Garantía de Calidade.

2.- Detección de desviacións, boas prácticas e toma de decisións.

2.1.- Valorar o cumprimento do proxecto establecido, aspectos máis relevantes, resultados obtidos.

2.2.-Principais conclusións, boas prácticas, propostas de mellora.

3.- Accións levadas a cabo ante as recomendacións establecidas no informe final de verificación e nos sucesivos informes de seguimento.


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal