Galego Espaņol English Universidade da Coruņa Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
 

Título: Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2006-2007
Páxinas: 161
Ano : 2010
Depósito Legal : C 1013-2010
ISBN: 978-84-614-0575-6


    Descargar o libro en fomato pdf

Resumo:

Este volume ocupa o quinto lugar dunha serie de publicacións referidas á inserción laboral que ven realizando a ACSUG desde o ano 2004, no marco dun proxecto xeral de seguimento da situación laboral dos titulados no SUG.

O principal obxectivo deste estudo é proporcionar información sobre a situación laboral dos titulados universitarios, aproximadamente ano e medio despois de rematar a súa titulación. Neste caso, non só se pretende dar información de cómo se produce esa integración no mercado laboral, senón que tamén se estuda a satisfacción dos titulados no seu paso pola universidade. Con respecto ao mercado laboral, as temáticas estudadas poden estruturarse principalmente en dous apartados: o acceso ao emprego e a situación laboral actual.

O cuestionario empregado neste estudo coincide exactamente co do anterior, feito que permite facer análises comparativos. É así como, por primeira vez, presentamos unha comparativa con estudos anteriores onde se aprecia a evolución experimentada polos titulados en ítems tales como o traballo, a continuación de estudos, a preparación de oposicións, tipoloxía de contrato, tempo en atopar o primeiro emprego, salario e formación.

 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal