|
Título: Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2003-2005
Páginas: 151
Año : 2008
Depósito Legal : C 4301-2008
ISBN: 978-84-691-5039-9 |
Resumo:
Esta publicación encádrase nun proxecto xeral de seguimento da situación laboral dos titulados do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que foi iniciado pola ACSUG hai xa varios anos e que se traduciu nos anteriores estudos: “Proxecto de Inserción Laboral dos Titulados Polo Sistema Universitario de Galicia 1996-2001” e “Estudo da Inserción Laboral dos Titulados no Sistema Universitario de Galicia 2001-2003”.
Neste sentido o presente estudo comparte os obxectivos xerais dos anteriores proxectos: coñecer a propia opinión dos titulados dos diferentes títulos que conforman o SUG sobre a súa situación laboral, así como os atrancos que atopan ou atoparon para a súa incorporación ao mercado de traballo, describindo os diversos aspectos que configuran os comportamentos, actitudes e opinións dos titulados e explorando as variables que poidan explicar as diferencias entre eles.
Ao igual que nos estudos anteriores xa publicados pola ACSUG, considéranse as seguintes ramas de coñecemento: Ciencias da Saúde, Ciencias, Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas (I, II, III e IV) e Artes e Humanidades (I e II)