|
Título: Accedendo ao mercado laboral: un estudo por titulacións 1996-2003
Páxinas: 116
Ano : 2008
Depósito Legal : C 2812-2008
ISBN: 978-84-691-5041-2 |
Resumo:
Este informe é un complemento dos estudos de inserción laboral (Inserción Laboral dos Titulados polo Sistema Universitario de Galicia 1996-2001 e Estudo da Inserción Laboral dos Titulados no Sistema Universitario de Galicia 2001-2003). O obxectivo deste estudo é a análise da inserción laboral no Sistema Universitario de Galicia no período agregado 1996-2003, para as titulacións implicadas nalgunha das fases do proxecto Realización de Estudos para a Adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior en Titulacións do Sistema Universitario de Galicia da ACSUG: licenciatura en Bioloxía, licenciatura en Dereito, diplomatura en Enfermaría, licenciatura en Filoloxía (I Fase), Enxeñaría Técnica en Informática, Mestre na especialidade de Educación Infantil, licenciatura en Matemáticas, licenciatura en Psicoloxía e licenciatura en Tradución e Interpretación (II Fase).
Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os seguintes aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: circunstancias demográficas, académicas e laborais, busca de emprego, circunstancias propiciatorias para a consecución dun emprego, aspectos da situación laboral actual, salario, número de contratos e de empresas e competencias requeridas no emprego; e ademais presentan unha comparativa cos resultados globais das áreas ás que pertencen as titulacións nos períodos estudados nos dous anteriores estudos.