|
Título: Guia de Evaluación Externa Para la Implantación de los Programas Oficiales de Posgrado
Páxinas: 64
Ano: 2006
Depósito legal : C-1602-2006
|
Resumo:
O presente documento pretende servir de marco de referencia no proceso de avaliación externa dos novos Programas Oficiais de postgrao (POP). Foi confeccionado a partir dos criterios comúns acordados pola Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU) na súa vontade de coordinación e establecemento duns estándares comúns que faciliten o exercicio das funcións de avaliación que a respectiva comunidade autónoma póidalles encomendar.
Esta guía recolle os puntos que deberán desenvolver as universidades na súa solicitude de aprobación dos POP e que, necesariamente, deberán ser congruentes co proceso posterior de acreditación a que ten que someterse.
Este modelo que se propón dende a ACSUG está condicionado, por un lado, á lexislación vixente sobre a actual estrutura dos POP, xa que estes poden estar integrados por un ou varios títulos de master e/ou un título de doutor; por outro lado, a proposta respecta esta flexibilidade e diversidade así como a posibilidade do seu carácter interuniversitario.