|
Título: Guia Para a Implantación dos Programas Oficiais de Posgrao
Páxinas: 48
Ano: 2006
Depósito legal : C-1360-06
Isbn: 84-689-9073-6 |
Resumo:
O presente documento pretende servir de marco de referencia no proceso de elaboración, autorización e implantación dos novos Programas Oficiais de postgrao (POP). Foi confeccionado a partir dos criterios comúns acordados pola ANECA e polas Axencias Autonómicas de Calidade na súa vontade de coordinación e establecemento duns estándares comúns que faciliten o exercicio das funcións de avaliación que a respectiva comunidade autónoma póidalles encomendar.
Esta guía recolle os puntos que deberán desenvolver as universidades na solicitude de aprobación dos POP e que, necesariamente, deberán ser congruentes co proceso posterior de acreditación ao que se teñen que someter.
Este modelo que se propón dende a ACSUG está condicionado, por un lado, á lexislación vixente sobre a estrutura dos POP, xa que estes deben configurarse en programas que poden estar integrados por un ou varios títulos de máster e/ou un título de doutor; por outro lado, a proposta respecta esta flexibilidade e diversidade así como a posibilidade do carácter interuniversitario dos programas de postgrao.