Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Inserción laboral
Docentia
Fides - Audit
Verifica

No ano 2003 a ANECA establece o Programa de Avaliación Institucional (PEI), producíndose a derrogación anticipada do II PCU.

A ACSUG, ante a existencia dunha planificación de avaliación (2001-2006) realizada polas tres universidades galegas dentro do II PCU, propoñer continuar en Galicia coas avaliacións previstas.

A coincidencia en canto a obxectivos do PEI e do programa de avaliación acordado pola ACSUG fai necesario establecer mecanismos de colaboración entre ambas as dúas axencias. Así, en maio de 2003 ambas as dúas institucións asinan un Convenio Marco coa vontade de desenvolver unha colaboración de forma continuada. Seguindo esta liña, en xullo do mesmo ano asínase o Anexo I ao citado convenio co obxectivo de establecer unha colaboración e coordinación no desenvolvemento da avaliación institucional de ambas as dúas axencias. Así, como establece a cláusula novena "as avaliacións realizadas pola ACSUG, empregando as guías e ferramentas postas á súa disposición pola ANECA, terán o mesmo recoñecemento que as realizadas directamente por ANECA".

Na primeira anualidade do PEI, curso 2003-2004, avaliáronse no SUG 26 titulacións, 7 delas xestionadas directamente por ANECA (1 a UDC, 3 a USC e 3 a UVI) e as 19 restantes xestionadas pola ACSUG. Destas últimas 12 corresponden á UDC, 2 á USC e 5 á UVI. Ademais, 2 titulacións da USC e 4 da UVI presentáronse ao Programa de acreditación que, de forma experimental, levou a cabo a ANECA.

A partir da segunda anualidade do PEI, curso 2004-2005, todas as avaliacións foron xestionadas directamente pola ACSUG. Avaliáronse nesta anualidade 10 titulacións, todas pertencentes á UVI.

No curso 2005-2006, están en proceso de avaliación 11 titulacións, 4 da UDC (reavaliacións), 1 da USC e 6 da UVI. Tras esta anualidade quedarán avaliados practicamente o 100% das titulacións existentes no SUG.


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal